• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación programa 18 espectáculos no primeiro semestre do ano no Auditorio da súa Sede de Pontevedra
Sala de prensa
Afundación programa 18 espectáculos no primeiro semestre do ano no Auditorio da súa Sede de Pontevedra

Afundación programa 18 espectáculos no primeiro semestre do ano no Auditorio da súa Sede de Pontevedra

martes, 30 de decembro de 2025
Cultura

11 obras de teatro e monólogos, 2 espectáculos de ballet, un concerto de música clásica e propostas arredor da maxia ou da danza aérea conforman a programación do Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra no primeiro semestre do ano. Hai xa 18 propostas previstas entre os meses de ata xuño, ou o que é o mesmo: un espectáculo cada 10 días. Xaneiro rexistrará unha intensa actividade: no primeiro mes do ano, o publico pontevedrés poderá elixir entre 7 espectáculos. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.

 

Xaneiro: Un calendario sen pausas para abrir o ano

Escolas e artistas profesionais de danza aérea e pole dance de toda Galicia encargaranse de inaugurar a programación o sábado 3 de xaneiro na gala «Galiarte». Un día despois, o domingo 4, de xaneiro, ás 18.00 h, é a quenda do espectáculo familiar Viaje a Oz, el musical, unha proposta para o público familiar: no mundo imaxinario de Dora, a protagonista, personaxes fantásticos percorren paisaxes marabillosas.

O 8 de xaneiro, o Auditorio da Obra Social de ABANCA programa o primeiro concerto de música clásica de 2026. A  Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia interpretará composicións de Verdi, Mozart, e Chaikovski.

A programación do mes segue co concerto-tributo a Pink Floyd a cargo de Im-Pulse (día 16); o humor de «Noites de Retranca» (día 17) con Quico Cadaval, Mofa e Befa e Celso Fernández Sanmartín; e a representación de O Lago dos Cisnes a cargo do Ballet Clásico Internacional (día 22). O espectáculo de improvisación Coaches de choque, de Oswaldo Digón e Rafa Durán, o venres 23, será a última cita do mes.

Unha programación rica en artes escénicas

O Ballet de Kiev inaugura a programación do mes de febreiro coa representación de A Bela Durminte. Xa o día 27, Chévere Teatro presenta no Auditorio da Sede de Afundación a súa nova produción: Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao. A compañía teatral santiaguesa parte do famoso cadro de Castelao A derradeira leición do mestre para explorar a memoria histórica de Galicia, a perda de confianza na democracia e o trauma do franquismo, a través dunha investigación documental sobre as narrativas da memoria colectiva e persoal.

A obra é a primeira das programadas en 2026 na Tempada de Abonos de teatro de Afundación na cidade, que presenta cinco espectáculos no primeiro semestre en Pontevedra. O seguinte será, xa o 13 de marzo, La Música, a obra protagonizada por Ana Duato e Grandinetti baixo a dirección de Magüi Mira e con texto de Marguerite Duras. Completan as propostas da Temporada de Abono Mejor no decirlo, con Imanol Arias e María Barranco -17 de abril-, Querida Agatha Christie -8 de maio-, e a obra Inmaduros, cun elenco liderado por Carlos Sobera e que se representará o día 12 de xuño.

Querida Agatha Christie é unha das dúas pezas teatrais programadas no primeiro semestre do ano que volven sobre a vida, ou a obra, da lendaria escritora británica no ano no que se cumpren 50 anos do seu pasamento. A outra é a versión teatral de Asasinato no Orient Espress protagonizada polo actor Juanjo Artero e que porá un elenco de 10 persoas sobre as táboas no Auditorio de Afundación en Pontevedra.

Completan a programación a comedia de improvisación Corta el Cable Rojo, que chega o 11 de abril a Pontevedra logo de case 15 anos consecutivos de éxito en Madrid -, e unha cita, o 18 de abril, coa maxia e o ilusionismo: Ilusiónate, con Borja Montón. As entradas para Corta el Cable Rojo está a piques de esgotarse.

 

 

Hai imaxes dalgúns dos espectáculos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078