• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta o seu proxecto escolar, cultural e de sostibilidade «Plantando árbores con pinceis»
Sala de prensa
Afundación presenta o seu proxecto escolar, cultural e de sostibilidade «Plantando árbores con pinceis»

Afundación presenta o seu proxecto escolar, cultural e de sostibilidade «Plantando árbores con pinceis»

mércores, 16 de marzo de 2022
Educación superior

16.03.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou hoxe no CEIP Rosalía de Castro de Lugo, ás 11.30 h, o seu novo proxecto multidisciplinar «Plantando árbores con pinceis», coa participación do alumnado de 5.º e 6.º de primaria e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación; Pablo Castiñeira Olveira, xerente de Vella Escola; e M.ª Dolores Freire, directora do centro.

Neste encontro, as nenas e nenos da escola participaron na elaboración dun mural e na decoración dunhas bolsas de teas con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes, para o que contaron coa guía de David Brey Vázquez, o artista que coordina a representación. Deste xeito, Afundación, combina a sostibilidade, a cultura e a formación nun mesmo proxecto no que se incide no imprescindible coidado do medio ambiente para garantir un mundo acorde cos principios que guían os ODS 2030.

 

As imaxes da rolda de prensa e do proxecto están dispoñibles na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/1_qJKGqLIncy-WCYpY_NMf7CFKuW5Xh0Q?usp=sharing

 

Ao mesmo tempo, desde Afundación apuntan a que esta é unha actividade que anima tamén á innovación e á creación. Marité Cores facía fincapé en que «para nós o proxecto fomenta valores medio ambientais, pero é moito máis: dá relevancia á creatividade, á innovación e, por suposto, á cultura. Unha actividade colaborativa, mesmo activista, un proxecto multidisciplinar que fomenta os valores polos que traballamos en Afundación, especialmente cos escolares».

A directora, M.ª Dolores Freire, pola súa banda, subliñou a participación de «99 rapazas e rapaces na actividade. O alumnado ten conciencia ecolóxica. Teñen unha conciencia ambiental moito maior ca a dos adultos. Esta actividade está moi aliñada co noso proxecto educativo, quero subliñar que é, ademais, un proxecto inclusivo. Independentemente das súas habilidades, aquí pintan todos. E non esquezamos que as artes son esenciais na formación do ser humano».

Pablo Castiñeira, xerente de Vella Escola quixo destacar que «é unha aplicación innovadora destas pinturas para o ámbito cultural, un proxecto preventivo que atalla a contaminación, porque os murais depuran o aire e, ao mesmo tempo, é didáctico; os participantes aprenden a usar alternativas que impacten menos no medio ambiente».

En «Plantando árbores con pinceis» o alumnado aprende que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción do CO2 ambiental, que consegue que cada metro cadrado pintando con eles iguale o efecto depurativo dunha árbore adulta, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das rapazas e rapaces do centro. A proposta articúlase en dúas modalidades de actividade: por unha banda, a pintura en mural, e, pola outra, o deseño, con pinturas ecolóxicas, de bolsas de tea tamén de feitura sostible, nos espazos de obradoiros, coa guía do equipo profesional da Área Educativa de Afundación en colaboración con Vella Escola.

 

Tras unha primeira experiencia piloto desenvolvida desde finais do 2021, foron xa 28 centros educativos de toda Galicia e máis de dúas mil persoas, entre alumnado e profesorado, os que participaron da actividade que agora se presenta e que se inclúe entre as propostas que a Área Educativa de Afundación ofrece aos centros escolares galegos. En total, está previsto que 50 centros escolares participen no proxecto este curso, o cal presentará uns datos considerables de impacto: con 700 metros cadrados de superficie que se calcula chegarán a pintarse, estarase falando de igualar a capacidade depuradora de aire de 700 árbores adultas.

 

 

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078