• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Educación financeira
      • Grand Prix
      • Xornadas e conferencias para xente nova
      • Finanzas senior
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • Asóciate
      • Vantaxes
      • Formulario de inscrición
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta a mirada infantil no traballo de Virginia Rota, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Sala de prensa
Afundación presenta a mirada infantil no traballo de Virginia Rota, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Afundación presenta a mirada infantil no traballo de Virginia Rota, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

mércores, 16 de decembro de 2020
Cultura

16.12.2020. Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta en Ferrol a exposición «O mundo ao principio», de Virginia Rota, gañadora do VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, certame organizado polo Festival Outono Fotográfico, coa colaboración de Afundación e o patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. A mostra presentouse esta mañá en rolda de prensa coa participación dos responsables do Festival Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves, quen, ademais, é o comisario da exposición, e a coordinadora da Sede Afundación de Ferrol, Verónica Rego. Poderase visitar a partir de hoxe e ata o próximo 29 de xaneiro na Sede Afundación de Ferrol, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h.

«O mundo ao principio» nace da necesidade humana de regresar á infancia, ao tempo da inocencia anterior á toma de conciencia do horror. Virginia Rota traballou neste proxecto durante tres anos, man a man con nenos e nenas de entre catro e once anos a quen a artista retratou individualmente antes de lles encomendar a tarefa de retratar «a beleza» e «o importante» cunha cámara de un só uso de 27 fotografías, sen contar coa axuda de persoas adultas. Froito desta extraordinaria encarga nace a presente mostra, conformada polas instantáneas sacadas polos nenos e nenas e os retratos das propias crianzas feitas por Rota e merecedoras do VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, como un ensaio coral sobre a estética e os valores máis intuitivos. Estes poden parecer connaturais ao ser humano, mais só o son durante a infancia, polo tanto, abandónanse cando se madura e se toma conciencia do abafador que resulta reflexionar sobre estas cuestións. En palabras do comisario da exposición, Vítor Nieves, «este proxecto fotográfico é toda unha sentenza a prol da infancia, un retrato da liberdade de pensamento».

Virginia Rota pasa a integrar o catálogo do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, o máis prestixioso deste ámbito en Galicia e un dos máis importantes de España, onde se encontran nomes tan sobresaíntes como Daniel Díaz Trigo, Berto Macei, José Romay, Eva Díez, Jon Gorospe ou Alfonso Almendros. Todos eles, ademais de exhibiren a súa obra nas salas de exposicións de Afundación, tamén itineraron por outras comunidades españolas así como por outros países como Portugal, Brasil ou Noruega.

 

 

Na seguinte ligazón están dispoñibles as imaxes da mostra:

https://drive.google.com/drive/folders/1vbbYBS0LTSPds1_3jptgGc0J8CzLWt3_?usp=sharing

 

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Educación financeira
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Mediateca
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078