• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta canda Camerata Arven un ciclo de concertos para redescubrir a música clásica
Sala de prensa
Afundación presenta canda Camerata Arven un ciclo de concertos para redescubrir a música clásica

Afundación presenta canda Camerata Arven un ciclo de concertos para redescubrir a música clásica

mércores, 13 de abril de 2022
Cultura

13.04.2022. Afundación, en colaboración coa Camerata Arven, desenvolverá na Sede Afundación Pontevedra o ciclo de concertos «Do silencio á emoción», cuxo propósito é invitar a redescubrir a música clásica dun xeito diferente, rompendo barreiras entre público e artistas e cunha conxunción multidisciplinar, na que a danza, a pintura, a literatura ou o teatro se fusionan coa música. Con catro concertos programados, o segundo dos recitais terá lugar o 24 de abril ás 12.00 h no Auditorio Sede Afundación Pontevedra. Nel poderase desfrutar dun programa para mozos de 0 a 100 anos con, entre outras, obras como O neno de pao (Toni Cantal), un conto baseado na historia de Pinocho con debuxos en vivo realizados polo artista Marc Taeger. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.

 

O material gráfico e textual está dispoñible aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1rIEQ1fDpY92pq5no3sv76dZQtIGE2f8E?usp=sharing

Ademais, este evento enmárcase no programa «Cultura por alimentos» dinamizado por Afundación e destinado a vincular a participación en actividades culturais coa solidariedade. Así, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia, invita a todas as persoas que asistan ao concerto a que colaboren con esta campaña solidaria acudindo ao recital coa súa entrada e unha doazón de alimentos non perecedoiros que serán recollidos no propio centro.

 

«Do silencio á emoción»

É un ciclo de concertos que invita a descubrir a música clásica desde un punto de vista diferente ao habitual, rompendo barreiras entre público e artistas, cunha programación integrada noutras artes escénicas como a danza, a pintura, a literatura ou o teatro. Ao inicio de cada concerto farase un breve repaso sobre a historia do repertorio dunha maneira próxima que permita desfrutar moito máis do que a continuación se escoitará e no cal o público poderá participar preguntando calquere curiosidade sobre a música, os instrumentos ou a agrupación. A outra novidade de achegar a música ao oínte é dunha maneira máis literal, e será dando a oportunidade a un grupo de persoas de compartir escenario coa propia agrupación, podendo vivir a experiencia de sentar tan preto que poderá ter contacto coa partitura, a agrupación e o resto do público. E todo iso, con catro concertos.

 

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078