• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta xunto a Camerata Arven o primeiro concerto para redescubrir a música clásica
Sala de prensa
Afundación presenta xunto a Camerata Arven o primeiro concerto para redescubrir a música clásica

Afundación presenta xunto a Camerata Arven o primeiro concerto para redescubrir a música clásica

venres, 31 de marzo de 2023
Cultura

Afundación, en colaboración coa Camerata Arven, dá comezo na Sede Afundación Pontevedra ao ciclo de concertos «Do silencio á emoción II», cuxo propósito é convidar a redescubrir a música clásica dun modo diferente, rompendo barreiras entre público e artistas. Incluído integramente no programa «Cultura por alimentos», a entrada será a cambio da doazón de alimentos infantís non perecedoiros. As reserva de invitacións, gratuítas neste primeiro evento, están dispoñibles en Ataquilla.com.

Todos os concertos enmárcanse en «Cultura por alimentos» lanzado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

 

«Do silencio á emoción». Os concertos

Sábado, 1 de abril, ás 19.30 horas

Pedro e o lobo

Neste primeiro concerto Pedro e o lobo de Sergéi Prokofiev (1891-1953), trátase dun conto no que os máis pequenos descubrirán os sons dos diferentes instrumentos. A actriz galega Laura Sarasola contará a historia de Pedro ás nenas e nenos de Pontevedra.

 

Xoves, 4 de maio, ás 20.30 horas

La bella Helenes

Obra por encargo de Jorge Ortal (1969) dedicada a Camerata Arven, este poema sinfónico pretende narrar a mítica lenda que atribúe ao seteiro grego Teucro, como o lendario fundador da cidade de Pontevedra, na segunda parte do concerto poderemos gozar da Sinfonía nº6, Pastoral de Ludwig van Beethoven.

 

Xoves, 18 de maio, ás 20.30 h.

Concerto Letras Galegas

A Camerata dedicará este programa para homenaxear a algunhas das personalidades máis importantes da nosa literatura. Entre peza e peza recitaranse poemas do escritor e político Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913), homenaxeado do Día das Letras Galegas 2023. Interpretarán pezas tan representativas como Alborada galega, de Pascual Veiga, Quen poidera namorala, de Álvaro Cunqueiro; Unha noite na eira do trigo, de Manuel Curros Enríquez; Negra sombra, de Rosalía de Castro, entre outras.

 

Xoves 8 de xuño ás 20.30 h

Gala lírica

Como colofón o programa conclúe cunha gran cita lírica con interpretación de obras populares do máis destacado repertorio operístico a nivel internacional: Puccini, Verdi, Mozart, que deleitarán o público.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078