• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta en Vigo unha mirada diversa sobre o confinamento en Galicia vivido hai xusto dous anos
Sala de prensa
Afundación presenta en Vigo unha mirada diversa sobre o confinamento en Galicia vivido hai xusto dous anos

Afundación presenta en Vigo unha mirada diversa sobre o confinamento en Galicia vivido hai xusto dous anos

xoves, 17 de marzo de 2022
Cultura

17.03.2021. Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta desde hoxe, xoves 17 de marzo, en Vigo (calle del Príncipe) o seu proxecto cultural «Galicia en vilo. Miradas desde o confinamento» en colaboración co concello da cidade. Unha proposta na que a fotografía tomará o protagonismo para mostrar as realidades do confinamento e a presión en primeira liña sanitaria vividas en marzo de 2020, a raíz da pandemia no momento en que se compren dous anos desta experiencia. Á inauguración desta mañá acudiron a ministra de Sanidade, Carolina Darias; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Pedro Otero, director xerente de Afundación; e Miguel Riopa, fotoxornalista e coordinador da mostra.

A exposición, situada na rúa (Rúa do Príncipe fronte ao museo MARCO) recolle as imaxes realizadas por sete fotoxornalistas galegos que retrataron o que estaba sucedendo no exterior das nosas casas, exercendo así de notarios da historia para a posteridade.

As imaxes están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1fwhdopnHa_W8byJsgoVch6bgr9E-Ygmy?usp=sharing

 

Pedro Otero, director xerente de Afundación, destacou como «o fotoxornalismo asumiu a tarefa de mirar e contar. UCIS hospitalarias, vehículos de transporte, funerarias e retallos da vida diaria, pero case en distopía, son algunhas das realidades retratadas nesta exposición. Ao longo de máis de vinte imaxes, podemos volver ver, dous anos despois, o que sucedía nunha das conxunturas máis incribles das nosas vidas. Da man de Miguel Riopa, coordinador da mostra, expóñense as instantáneas de sete profesionais do fotoxornalismo galego, a cuxo pé, eles mesmos, trazan un breve texto contextualizador do momento captado».

Miguel Riopa, pola súa parte, sinalou que «a información constrúese, tamén, con imaxes. E coa memoria. As imaxes daquilo que nunca puidemos ver, porque estabamos confinados: as rúas eran un mundo solitario, alleo, desconcertante e durante preto de dous meses, vimos o que pasaba a través da mirada dos fotoxornalistas. Contáronnos o silencio das rúas, a actividade frenética do persoal sanitario pelexando cun virus do que apenas sabiamos nada. Foron esenciais. A mirada dun fotógrafo ve pola nosa. O relato está nesa mirada. E, despois, na memoria».

Sete fotoxornalistas galegos, Óscar Corral (fotoxornalista de El País Galicia), Mónica Vila (fotógrafa freelance), Agostiño (fotógrafo freelance, actualmente en La Voz de Galicia), Brais Lorenzo (fotoxornalista, habitualmente en EFE noticias e Faro de Vigo), Miguel Muñiz (fotógrafo freelance), Miguel Riopa (fotoxornalista, Agence France - Presse), e Xoán A. Soler (La Voz de Galicia), asinan as imaxes que xa se poden contemplar en Vigo, na Rúa Príncipe. Como retratistas da realidade, tomaron o pulso ao que estaba sucedendo no exterior das nosas casas, exercendo así de notarios da historia para a posteridade. Baixo a coordinación de Miguel Riopa, o único profesional autorizado a entrar nas UCI dos centros hospitalarios galegos no punto álxido da crise sanitaria. Esta mostra é tamén unha homenaxe a quen, durante o confinamento, estiveron en primeira liña traballando. Unha das imaxes expostas, asinada por Miguel Riopa, e que reflicte a cariñosa atención dunha sanitaria a unha paciente de coidados intensivos nun centro hospitalario vigués foi incluída por France Press entre a selección de mellores fotografías de 2020.

Para a instalación deste proxecto expositivo, Afundación quería incidir na necesidade de innovar no concepto de exposición e animar a unha maior apertura e difusión. Así, traspásanse as catro paredes nas que tradicionalmente se enmarcan as mostras, e camíñase cara ao espazo común, colaborando a que un maior número de persoas participe da proposta.

A partir da mirada profesional e persoal dos profesionais da fotografía, este proxecto aborda ópticas diversas dun episodio extraordinario. Unha composición visual deste fito histórico, recoñecendo as ambivalencias dunha situación de extrema excepcionalidade e gravidade. Moitas das instantáneas reflicten a crise sanitaria e o inmenso sacrificio dos equipos de traballo no sector e doutros relacionados ou que xogaron un papel especial en tempos de coronavirus, e, ao mesmo tempo, outras moitas reflicten intres de intenso cariño e tempos compartidos.

A entidade internacional Museums Association publicou unha declaración que detalla a maneira en que debe ser abordada a recompilación e divulgación de material documental da COVID-19: «con sensibilidade e respecto». Estes conceptos constitúen o piar ético desta exposición, que nace como unha resposta de Afundación dentro do seu compromiso coa sociedade galega.

 

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078