• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación organiza un programa de visitas guiadas para público familiar á exposición «Comedy Wildlife» en Ferrol
Sala de prensa
Afundación organiza un programa de visitas guiadas para público familiar á exposición «Comedy Wildlife» en Ferrol

Afundación organiza un programa de visitas guiadas para público familiar á exposición «Comedy Wildlife» en Ferrol

luns, 13 de maio de 2024
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou un programa de visitas guiadas para público familiar á súa nova exposición na Sede Afundación de Ferrol, «Comedy Wildlife». Serán os días 16 e 30 de maio, ás 19.00 h, e é preciso inscribirse neste formulario.

A comedia da vida salvaxe chega á Sede Afundación de Ferrol. E está contada a través das fotografías que compoñen a exposición homónima, «Comedy Wildlife», de acordo co título do certame do que nace a mostra. As imaxes foron tomadas en distintos recantos dos cinco continentes e todas elas foron distinguidas entre 2015 e 2022 como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor no mundo.

«Comedy Wildlife», organizada en colaboración con Terra Espléndida, móstrase agora na Sede Afundación de Ferrol tras encher en 2023 museos e centros de exposicións de Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá, e atraer a máis de 15 000 visitantes no Teatro Afundación de Vigo.

Evitar as mensaxes e as imaxes «deprimentes»

Asegura o cofundador dos premios «The Comedy Wildlife», o tamén fotógrafo especializado en natureza Paul Joynson Hicks, que «as cuestións de conservación e sostibilidade da vida silvestre están gañando impulso a nivel mundial, pero as mensaxes e imaxes tenden a ser negativas, deprimentes e enervantes. E por iso se animou, xunto cos fotógrafos de natureza Tom Sullam e Michelle Wood, a crear estes galardóns. Desde 2015 premian as imaxes máis divertidas de animais tomadas nun mundo extraordinariamente fermoso e interconectado».

«Comedy Wildlife» é unha exposición que cautiva toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar ao público co encanto do reino animal. As imaxes son extremadamente populares, atraen todas as idades e transcenden todas as culturas e idiomas. Así, as 60 instantáneas seleccionadas que se presentan en Ferrol mostran, nas posicións e momentos máis divertidos, animais como tartarugas, mapaches, osos, pingüíns ou píllaras.

«Unha foto divertida de animais é incriblemente eficaz porque non hai barreiras para a comprensión, ou tabús que deben ser negociados. A imaxe aproveita o impulso polo antropomorfismo que está ben documentado como unha dos disparadores máis potentes para a empatía humana. Para entender realmente aos animais e as cuestións que lles afectan temos que empatizar con eles como concidadáns do mesmo planeta», subliña Paloma Vela, coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078