• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación leva ao CEE Saladino Cortizo o seu innovador proxecto cultural e de sostibilidade «Plantando árbores con pinceis»
Sala de prensa
Afundación leva ao CEE Saladino Cortizo o seu innovador proxecto cultural e de sostibilidade «Plantando árbores con pinceis»

Afundación leva ao CEE Saladino Cortizo o seu innovador proxecto cultural e de sostibilidade «Plantando árbores con pinceis»

xoves, 11 de abril de 2024
Cultura Conocimiento y Formación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, levou hoxe ao CEE Saladino Cortizo de Vigo o seu programa «Plantando árbores con pinceis». 110 estudantes do centro elaboraron durante a mañá un mural colaborativo ecolóxico con pinturas fotocatalíticas, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, tales como o óxido de nitróxeno e outros gases xerados pola industria e o tráfico rodado. Con esta iniciativa, Afundación combina nun mesmo proxecto sustentabilidade, cultura e formación, incidindo no coidado imprescindible do medio ambiente para garantir un mundo acorde aos principios que guían os ODS 2030. Ademais, e tal e como sinalaba esta mañá Ramón Troncoso, coordinador de actividades extraescolares do colexio: «É moi importante para centros coma o noso que Afundación, unha entidade socialmente comprometida, veña desenvolver a proposta con nós, no noso propio espazo, porque implica que empatizan co contexto, e celebrámolo. E son moi motivadoras as creacións de hoxe: bolsas pintadas e un mural nas nosas paredes! Vai ser algo que permaneza, que as e os estudantes van a poder seguir desfrutando e do que se sentirán orgullosas e orgullosos cada día».  

A actividade, que por vez primeira se desenvolveu nun centro de educación especial, incorpórase ao programa de apoio á discapacidade implementado pola Obra Social de ABANCA dentro do seu compromiso coas artes e a cultura como motor de crecemento persoal, coa atención á diversidade, coa igualdade de oportunidades e coa sensibilidade social. Nesta mesma liña de actuación sitúanse os proxectos «Música a flor de pel» e «Todas e todos contamos». O primeiro leva microconcertos aos centros de educación especial da comunidade. O segundo, impartido por persoas con discapacidade, inclúe talleres de contacontos, números circenses, globoflexia ou proxección de curtametraxes. En ambos os casos desenvólvense en colaboración coa Fundación Igualarche, un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con discapacidade.

O artista David Brey Vázquez, de Vella Escola, foi o encargado de dirixir a creación da obra nun dos muros exteriores do centro educativo. O proxecto consiste en coordinar ao estudantado participante para pintar un mural, con temáticas relacionadas coa reforestación, na parede que designe o centro escolar. A actividade complétase con talleres de pintado de bolsas de tea nos que se traballa tamén a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.

«Plantando árbores con pinceis» púxose en marcha en 2021 dentro das propostas que a área Educativa de Afundación ofrece ao longo do curso académico. Desde entón, para cando finalice este curso escolar 2023-2024, preto de 15000 escolares e profesores pintarían máis de 150 murais en centros educativos de toda Galicia.

 

As imaxes da xornada de hoxe están dispoñibles AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078