• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación inaugura o Nadal conmemorando o sexaxésimo aniversario do seu emblemático concurso de beléns
Sala de prensa
Afundación inaugura o Nadal conmemorando o sexaxésimo aniversario do seu emblemático concurso de beléns

Afundación inaugura o Nadal conmemorando o sexaxésimo aniversario do seu emblemático concurso de beléns

xoves, 27 de novembro de 2025
Cultura

A partir de mañá venres 28 de novembro, poderase gozar na Sala de Exposicións da Sede Afundación de Vigo da mostra de todos os beléns que se presentaron á 60 edición do Concurso de beléns de Afundación. Co gallo da conmemoración do sesaxésimo aniversario deste emblemático certame, a Obra Social de ABANCA conta, ademais de coa tradicional exposición de todas as creacións presentadas ao certame, cunha coidada selección de beléns decimonónicos cedidos pola Colección del Nacimiento Tradición Peña Marín. Na conmemoración que tivo lugar esta mañá, estiveron presentes algunhas das persoas e asociacións cun longo vínculo de participación no concurso. A Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación, acompañárona na rolda de prensa Diana Rodríguez Lorenzo e Jesús M.ª Andrea Reyes, de AFAGA; Lorena Vilar Sanromán, de ASPANAEX; M.ª Ángeles Miguel González, en representación da ANPA Outeiro do Sino do CEIP San Salvador; e Conchita González Besada, veterana concursante e premiada.

Ata o 19 de decembro estará aberta todos os días de 17.00 a 20.30 h, e os sábados, domingos e festivos tamén de 11.00 a 14.00 h; desde o 20 de decembro ao 7 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h. O 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, pechado en horario de tarde. O 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, pechado.

O Concurso de beléns de Afundación é un referente na tradición cultural de Nadal en Galicia. Nesta edición presentáronse 46 beléns a concurso, 31 na categoría xeral e 15 na categoría para colectivos menores de 16 anos. Na categoría xeral os tres premios recaeron en traballos que nos invitan a viaxar a outros contornos. A gañadora resultou María de los Ángeles Longa Portabales, cunha estética medieval fantasticamente executada; o segundo premio recaeu en Elsa Durán Domonte, Aída Sara Rodríguez Durán e Antonia Durán Domonte, cun belén moi imaxinativo que nos invita amergulllarnos no mundo dos gnomos; e o terceiro, en Nuria Abal García, cun belén de composición moi valente que lembra as máscaras africanas.

Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio ao Colexio San José de Cluny; o segundo, ao belén presentado polo CEIP Igrexa Candeán, e finalmente, o terceiro premio ao CEIP Josefa Alonso de Alonso.

Os accésits distinguiron a Rosa María Domínguez Magdalena, José Manuel Rey Santiago, Genaro Alonso Martínez, Domusvi Vigo, CEIP Carrasqueira, Centro de Adultos ASPANAEX e AFAGA. 

O xurado destacou o «sorprendente das estéticas e as técnicas dos traballos presentados, con recursos nunca vistos nas edicións anteriores. Esta orixinalidade, xunto coa calidade dos traballos presentados merecedores de galardóns, fixeron complicado o labor do xurado. Ao mesmo tempo, queremos destacar que a destreza coa que se abordan algúns traballos compleméntase coa ilusión que emana doutros, vendo, ademais intensas referencias á paz e a sostibilidade».

Todos os traballos presentados abórdanse dun modo creativo que segue sorprendendo edición tras edición, na elección de encádrelos, nos materiais, na inspiración e no esforzo que se aprecia nos beléns presentados.

Imaxes da presentación a medios e do certame deste ano AQUÍ.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078