• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación impulsa un novo programa de «Saúde dixital»
Sala de prensa
Afundación impulsa un novo programa de «Saúde dixital»

Afundación impulsa un novo programa de «Saúde dixital»

luns, 25 de xaneiro de 2021
Cultura

25.01.2021. Afundación, a Obra Social de ABANCA, no medio do contexto excepcional que estamos a vivir, poñerá en marcha a partir desta semana o seu novo programa de «Saúde dixital» que ten como obxectivo proporcionar aos escolares, as familias e a poboación en xeral as ferramentas necesarias para enfrontarse aos diversos dispositivos dixitais cos que nos relacionamos diariamente nas mellores condicións de seguridade. As propostas abarcan un laboratorio de ciberseguridade, dirixido a centros escolares de toda España, oito microsesións formativas sobre os riscos dixitais e como protexernos deles e dúas conferencias sobre o impacto dos dispositivos electrónicos sobre o cerebro dos nenos e sobre como defenderse dos perigos das redes sociais e outras canles dixitais. Todas as propostas estarán dispoñibles en Afundación TV.

 

O laboratorio de ciberseguridade, dirixido a centros escolares de toda España, desenvolverase vía streaming, potenciando o uso da interacción en liña, e ten como obxectivo que os participantes tomen conciencia do que realmente significa a pegada dixital, tanto desde unha mirada no presente como pensando no futuro. A través dunha dinámica práctica e divertida, dúas persoas expertas en ciberseguridade que traballan regularmente con grandes empresas, a policía e a garda civil, abordarán, en directo, os perigos das redes sociais e en especial os baleiros de seguridade relacionados con menores. Falarase de Instagram, Twitter e Facebook, de como se xeoposicionan as publicacións e faise seguimento de todo o que fan todos os usuarios. Deste xeito, os escolares poderán entender, mediante exemplos prácticos que os propios expertos realizarán cos participantes, as vantaxes e os perigos de transitar por Internet e as redes sociais. Os obradoiro están estruturados en función das idades dos participantes, e mostrarán como o mal uso ou o coñecemento das redes pode repercutir nas vidas dos usuarios. Os centros educativos interesados en inscribirse poden facelo no teléfono 986 333 210 ou a través do correo electrónico areaeducativa@afundacion.org

  •  

O programa sobre saúde dixital inclúe tamén oito microsesións formativas dirixidas á poboación en xeral que se programarán dúas veces por semana durante o mes de febreiro en Afundación TV e difundiranse tamén a través das RRSS da Obra Social de ABANCA, co obxectivo de que os contidos estean ao alcance de toda a poboación, facilitando así ferramentas que contribúan a mellorar a nosa relación cos dispositivos dixitais e as novas canles de comunicación dixital. Así, un experto en ciberseguridade dará as claves para comprar na internet de modo seguro, a privacidade e as RRSS, como protexernos en cinco fases, os menores na internet ou como configurar un ambiente seguro en casa, entre outros.

  •  

Así mesmo, dado o elevado interese que esta cuestión suscita entre todos os integrantes da comunidade educativa, Afundación programará no mes de febreiro dous relatorios específicos sobre este tema no seu ciclo de conferencias «Educación século XXI». Deste xeito, nais, pais, docentes e alumnado e a sociedade en xeral poderán coñecer, da man de Rafael Guerrero o vindeiro 11 de febreiro como impactan os dispositivos electrónicos no cerebro e o desenvolvemento dos nenos e o 25 de febreiro o hacker e divulgador de ciberseguridade Bernardo Viqueira falará sobre os perigos das redes sociais. O ciclo de conferencias retransmítese, en directo e en aberto para todos os públicos, previa inscrición, en Afundación TV.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078