Afundación en casa presenta a sexta entrega de «Burbulóxica», obradoiros de burbullas
28.05.2020. Afundación en casa continúa coa súa iniciativa de formación pensada para toda a familia. Trátase de «Burbulóxica», unha fabulosa proposta coa que aprender todos os segredos para realizar fantásticas burbullas. Baixo a dirección de 7Burbujas, Afundación en casa presenta todos os venres uns entretidos e educativos obradoiros sobre pompas de xabón e outros experimentos que estimulen a curiosidade de toda a familia. Mañá, venres 29 de maio, está programada a sexta sesión deste obradoiro que se poderá ver aquí.
As imaxes están dispoñibles aquí.
«Afundación en casa»
«Afundación en casa» é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios. Deste xeito, a Obra Social de ABANCA segue poñendo á disposición da cidadanía os seus proxectos culturais, sociais e formativos, mantendo o mesmo nivel de esixencia e exercendo, tamén, un labor de acompañamento telemático para usuarios +60, que desenvolven persoas voluntarias en colaboración con traballadores da entidade. Desde casa, a Obra Social de ABANCA continúa traballando para proporcionar contidos en directo e actualizacións permanentes para consolidar Afundación, tamén na súa modalidade online, como a entidade galega de referencia no seu ámbito. Cun fondo vivo, «Afundación en casa» reflicte a intensidade e calidade da programación da Obra Social de ABANCA.
O obxectivo é acompañar á sociedade no súa deber de permanecer na casa, ofrecendo múltiplas opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dun xeito accesible e seguro. Ademais, esta iniciativa permite manter a actividade económica nos distintos ámbitos de actuación, tanto a nivel interno da entidade, como na súa relación cos seus colaboradores externos. En definitiva, a Obra Social de ABANCA, en liña cos seus compromisos estratéxicos a prol do avance social, esfórzase por apoiar á cidadanía nestes momentos excepcionais, mirando xa cara ao futuro.
Toda esta actividade, integrada por máis de 300 recursos, é facilmente accesible nos perfís das redes sociais de Afundación baixo a etiqueta #AfundaciónEnCasa.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.