Afundación e ABANCA presentan en Santiago unha mirada en feminino á arte contemporánea
14.07.2021. Afundación e ABANCA presentan mañá, xoves 15 de xullo, no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela (praza de Cervantes, s/n) a exposición «Mirar de novo. A muller contra o tempo», un proxecto expositivo no que se reivindica a mirada en feminino en torno á creación artística contemporánea. O almorzo informativo sobre o proxecto expositivo terá lugar ás 09.30 h, no Centro Obra Social ABANCA, coa presenza do presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet; Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela; e Nava Castro, directora de Turismo de Galicia. Tamén asistirán David Barro e Diego Cascón, comisarios da mostra, e Mónica Maneiro, asesora do proxecto expositivo e autora do texto crítico do catálogo homónimo publicado.
Evento |
Almorzo informativo sobre «Mirar de novo. A muller contra o tempo» |
Lugar |
Centro Obra Social ABANCA (praza de Cervantes, s/n) |
Data e hora |
Xoves, 15 de xullo, 09.30 h |
Asistencia |
Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compsotela Nava Castro, directora de Turismo de Galicia |