
Afundación continúa a súa programación de artes escénicas para escolares en inglés con The Movie en Ourense
Un total de 464 escolares de secundaria de 7 centros educativos de Ourense e bisbarra desfrutarán de The Movie mañá, 10 de xaneiro, ás 12.00 h, no Auditorio Municipal de Ourense.
O teatro participativo, como propón The Movie, de On Stage Company, é unha das ferramentas máis útiles, prácticas e divertidas para aprender o inglés. Esta peza teatral céntrase en Edgard e Patricia, dous rapaces que se acaban de licenciar e se dispoñen a revolucionar o mundo do cine. Saben emprender, teñen ideas orixinais e un guión extraordinario. Unha viaxe para reinventar a sétima arte e seren parte do equipo da que devirá, sen ningunha dúbida, na obra de arte máis xenial, catastrófica e divertida do século XXI.