
Afundación continúa a súa programación de artes escénicas para escolares con Só en Lugo
Un total de 916 escolares, de primeiro e segundo de primaria, de 17 centros de Lugo e comarca desfrutarán de Só o 15 novembro en dúas funcións ás 10.00 h e ás 12.00 h no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
A terceira das representacións, Só, de Xampatito Pato, foi gañadora do Premio do Público Festival Malabharía 2020, 2º Premio Panomara Circada 2019, Premio Festival MadnCircus, Premio Zircozaurre, entre outros. Nela falarase da constancia no traballo a través dun personaxe meticuloso e cuadriculado rodeado de case 100 caixas que só en aparencia son iguais, e coas que irá dando forma a un mundo imaxinario.