• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación continúa o ciclo de cinema «Mulleres»
Sala de prensa
Afundación continúa o ciclo de cinema «Mulleres»

Afundación continúa o ciclo de cinema «Mulleres»

venres, 18 de marzo de 2022
Cultura

18.03.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema «Mulleres» conformado por películas nas que as mulleres son as protagonistas e nas que se tratan temas como a reivindicación de dereitos, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres.

As películas A favorita, Unha cuestión de xénero e Toni Erdman son as escollidas para formar parte do cartel deste ano. Proxectaranse nas Sedes de Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo entre marzo e abril. As proxeccións son en versión orixinal subtitulada na Coruña e Santiago, e dobrada, en Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra con subtítulos para persoas xordas.

O vindeiro luns, 21 de marzo, ás 19.00 h na Sede Afundación A Coruña pasarase a película Unha cuestión de xénero.

 

O material gráfico está dispoñible aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1r-tPcZkOIVscjRgRIdDQ1ZmhpPJESv2o?usp=sharing

Este evento enmárcase na iniciativa solidaria de apoio a Ucraína no marco do proxecto «Cultura por alimentos» que, a raíz do drama humanitario que se vive neste país, se implica tamén coas persoas refuxiadas e a súa cidadanía. Afundación invita os asistentes ao acto a que, seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo, entreguen prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios, que poderán depositar á entrada do recinto nos colectores dispostos para este fin. O acceso a cada unha das sesións será a cambio da entrega dalgún destes produtos. Imprescindible reserva previa en Ataquilla.com, sen custo.

As películas poderanse ver ás 19.30 h en Santiago, Vigo, Lugo e Pontevedra; ás 20.00 h en Ourense; ás 19.00 h na Coruña; e ás 18.30 h en Ferrol o 21 e 28 de marzo, e ás 19.30 h o 4 de abril.

 

OS FILMES

Toni Erdmann (Maren Ade, 2016). Inés traballa nunha importante consultora alemá establecida en Bucarest. A súa estresante vida está perfectamente organizada ata que o seu extrovertido e bromista pai Winfried chega de improviso e pregúntalle, «es feliz?» Tras a súa incapacidade para responder, sofre un profundo cambio. Ese pai que ás veces estorba e a avergoña vai axudar a dar novamente sentido á súa vida grazas a un personaxe imaxinario: o divertido Toni Erdman. Proxectarase o 14 de marzo na Coruña, o 21 de marzo en Ferrol, o 22 de marzo en Santiago, o 22 de marzo en Vigo, o 29 de marzo en Ourense, o 4 de abril en Pontevedra e o 6 de abril en Lugo.

Unha cuestión de xénero (Mimi Leder, 2018) é un biopic sobre a xuíza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos Ruth Bader Ginsburg, a segunda muller na historia que serviu neste alto órgano xudicial. Ginsburg foi nomeada para o alto tribunal en 1993 polo presidente Bill Clinton e cambiou o curso da historia cun singular caso sobre discriminación de xénero que abriu o camiño para a igualdade nos Tribunais. Proxectarase o 21 de marzo na Coruña, o 23 de marzo en Lugo, o 28 de marzo en Ferrol, o 28 de marzo en Pontevedra, o 29 de marzo en Santiago, o 5 de abril en Vigo, e o 5 de abril en Ourense.

A favorita (Yorgos Lanthimos, 2018) é unha película ambientada a comezos do século XVIII, cando Inglaterra se atopaba en guerra contra Francia. Unha raíña debilitada, Anne (Olivia Colman) ocupa o trono, mentres que a súa amiga Lady Sarah (Rachel Weisz) é quen realmente goberna o país no seu lugar debido ao precario estado de saúde e ao carácter inestable da monarca. Cando a nova serventa Abigail (Emma Stone) aparece en palacio, o seu encanto seduce a Sarah, quen a axuda. Como a política ocupa a meirande parte do tempo de Sarah, Abigail comeza a acompañar con máis frecuencia á raíña. Poderase ver o 21 de marzo en Pontevedra, o 22 de marzo en Ourense, o 28 de marzo na Coruña, o 29 de marzo en Vigo, o 30 de marzo en Lugo, o 4 de abril en Ferrol e o 5 de abril en Santiago.

En paralelo a este ciclo de cine, Afundación acolle nas súas sedes de Santiago de Compostela e da Coruña as mostras «Indómitas» e «Mirar de novo. A muller contra o tempo», que trasladan a necesidade de novas relecturas da arte en clave feminina ao tempo que se poñen de relevo os obstáculos aínda presentes para a consecución da igualdade de xénero, propósito do ODS 05, co que está firmemente comprometida Afundación, a Obra Social de ABANCA.

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078