• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias ABANCA e Afundación asinan un convenio para amosar toda a beleza de «Os nosos océanos» co Concello do Carballiño
Sala de prensa
ABANCA e Afundación asinan un convenio para amosar toda a beleza de «Os nosos océanos» co Concello do Carballiño

ABANCA e Afundación asinan un convenio para amosar toda a beleza de «Os nosos océanos» co Concello do Carballiño

xoves, 14 de xullo de 2022
Cultura

Afundación e ABANCA asinaron hoxe, co Concello do Carballiño, un convenio para a realización da exposición «Os nosos océanos», desenvolvida en colaboración coa Editorial Planeta e baixo o comisariado de Joaquín Araújo, experto en medio ambiente e reputado ecoloxista. O acto de rúbrica contou coa asistencia do alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega Piñeiro; a coordinadora institucional de Afundación de Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Manuel Dacal, concelleiro de Emprego, Industria e Dinamización Turística.

As imaxes están dispoñibles aquí.

Con esta exposición, Afundación Obra Social ABANCA sae á rúa cunha achega cultural de primeira orde que xunta mensaxe, beleza, transcendencia e emoción. Esta proposta é parte do proxecto de capilaridade cultural de Afundación que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Así, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade. «Os nosos océanos» é así mesmo unha invitación para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade perentoria de incorporar a sostibilidade á nosa forma de vida.

A exposición «Os nosos océanos» encherá a praza Emilia Pardo Bazán coas imaxes máis espectaculares da biodiversidade mariña: baleas iubartas, osos polares, peces bolboreta, a quenlla peregrina ou unha colectividade de golfiños, poboan, entre outras moitas especies, as imaxes cheas de cor e vida da mostra. Porque todo o que coñecemos como vida non só procede dos océanos, senón que segue dependendo deles. Nos mares escóndense inxentes sorpresas que alimentarán durante séculos a curiosidade dos científicos e a admiración de todos os demais. O que con esta exposición preténdese é espertar o recoñecemento de que os océanos son berce de vida, manancial de todos os mananciais, reguladores de todos os elementos básicos do clima, depuradora natural das contaminacións e fornecedores de alimento e incontables materias primas.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078