
ABANCA, Afundación e o Concello de Cedeira presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes»
22.10.2020. O Concello de Cedeira, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de apertura tivo lugar esta mañá na Sala de Exposicións do Palacete Municipal de Cedeira, e contou coa asistencia de Pablo Moreda, alcalde de Cedeira; Ermitas García, responsable de Cultura do Concello de Cedeira; José Manuel Vilariño, responsable Banca Institucional A Coruña ABANCA; Verónica Rego, responsable Afundación Zona Ferrol; e Cristina Herva Iglesias, directora da oficina de ABANCA en Cedeira.
As imaxes están dispoñibles aquí
A exposición permanecerá aberta ao público ata visitar ata o vindeiro 22 de novembro, no mes de outubro de luns a venres de 09.00 a 14.00 h e de 17.00 h. a 19.00 h (os luns, pechado pola tarde) e sábados de 11.00 a 14.00 h. No mes de novembro o horario será de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
A MOSTRA
A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.