• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Á venda os abonos para a Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra
Sala de prensa
Á venda os abonos para a Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra

Á venda os abonos para a Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra

martes, 28 de decembro de 2021
Cultura

28.12.2021. Afundación, a Obra Social de ABANCA, desenvolverá a súa Tempada de Teatro de xaneiro a xuño no Auditorio Sede Afundación Pontevedra (r/ Augusto González Besada, 2). Os abonos están dispoñibles na web Ataquilla.com ata o 10 de xaneiro.

Os abonos supoñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete individual.

A Tempada de Teatro está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal as persoas que visiten as actividades da Obra Social de ABANCA poden doar alimentos non perecedoiros a xeito de entrada solidaria nos colectores habilitados ao efecto. Esta iniciativa solidaria desenvólvese en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e grazas a ela colabórase cos bancos de alimentos locais no labor que desenvolven.

 

As imaxes da tempada do Teatro Afundación Pontevedra están dispoñibles aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/1BdUASes3dUyTIBGk3XcMV5sqCxEQ2No9?usp=sharing

 

OBRAS DA TEMPADA DE TEATRO PONTEVEDRA 2021

O 22 de xaneiro ás 20.30 h o Auditorio Sede Afundación Pontevedra acollerá Las criadas, de Jean Genet, con Alicia Borrachero e Ana Torrent. As irmás Claire e Solange Lemercier son as criadas dunha dama da alta burguesía francesa. Todas as noites inician unha cerimonia perversa, un ritual onde a realidade e a ficción se mesturan nun xogo mortal de cambio de identidades. Claire é a señora e Solange é Claire. Solange é a señora e Claire é Solange. Son seres alienados, faltos de identidade. Non hai irmá boa e irmá mala, as dúas alternan os papeis constantemente, porque ningunha existe por si soa, porque son as dúas caras dunha mesma personaxe. A mala vontade e a rabia de seren conscientes do seu destino de criadas lévaas a un desenlace fatal.

O 18 de febreiro ás 20.30 h Federico García Lorca regresa á escena no Auditorio Sede Afundación Pontevedra con La casa de Bernarda Alba. Coma toda obra clásica −e a de Lorca xa o é−, vai medrando día a día, ofrecéndonos facetas diferentes ao compás das mudanzas da sociedade. Que lles di aos espectadores de hoxe este drama de «mulleres das vilas de España»? Pois incide na posición da muller na sociedade cos seus teitos de cristal, diferenzas salariais e a súa indefensión física ante a violencia, proveña de onde proveña. Bernarda ocupa sen ser consciente, ou séndoo de máis, o papel da autoridade, do manexo do poder económico e a representación da orde establecida.

O 31 de marzo ás 20.30 h, Cándido Pázó dirixe a Fernando Coronado e Antonio Mourelos en El electo. A piques de dar o seu discurso de investidura, un novísimo presidente de goberno enfróntase a un inesperado problema: un grotesco tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous. Que esconde cadaquén? Cales son as verdadeiras intencións dun e doutro? Que feitos da nosa vida marcan o noso futuro e, sobre todo, a nosa vocación?

A adaptación teatral da grande obra mestra de Emilia Pardo Bazán, Los pazos de Ulloa, estará no Auditorio Sede Afundación Pontevedra o 7 de abril ás 20.30 h, con Pere Ponce, Diana Palazón e Marcial Álvarez. Un alegato contra a violencia e a crueldade, centrándose no enfrontamento entre o desexo, a paixón e o amor, a violencia rural do mundo caciquil e a cortesía e as boas maneiras da cidade (Santiago de Compostela). Pola obra desfilan un cacique, un cura con paixóns contidas, unha muller namorada…

El abrazo, con versión e dirección de Magüi Mira, e as interpetacións de María Galiana e Juan Meseger, representarase no Auditorio Sede Afundación Pontevedra o 19 de maio ás 20.30 h. Unha muller, Rosa, e un home, Juan, de avanzada idade e antigos amantes, reencóntranse e abrázanse despois de case unha vida na que o seu desexo de ter un fillo seguiu latexando. Ese mesmo día, un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible? É un agasallo do destino ou a creación dun problema que as súas vidas son incapaces de asumir? Son os soños, finalmente, a única realidade posible? Christina Herrström pon a proba, con humor e boas doses de acidez, a nosa oxidada capacidade de amar.

Finalmente, María Castro, Miguel Hermoso e Gorka Otxoa representarán La coartada o 19 de xuño ás 20.30 h. Ana é unha muller ao límite. Divorciada e atormentada polo seu pasado, pide axuda ao seu mellor amigo para prepararse a testificar na que, sen dúbida, será a declaración máis importante da súa vida. Dela dependerá non só a custodia da súa única filla, senón tamén a súa propia liberdade. Ao longo da noite, o enfrontamento descarnado cos seus demos revelará ata onde é quen de chegar para evitar o peor de todos os seus medos: o silencio.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078