• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
      • Historias vividas
      • Falamos da escola
      • Fálame da emigración
      • Manifiesto por la solidaridad intergeneracional
      • Voluntariado
    • Programas Espazos+60
      • Cultura dixital
      • Benestar físico e mental
      • Entrenamento cognitivo
      • Educación emocional
      • Aprendizaxe permanente
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Imaxe social
      • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores
      • Día Europeo da Solidariedade Interxeracional
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • Voluntariado
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación inaugura en Santiago a exposición «A Caza» do multipremiado Alberto Vázquez
Sala de prensa
Afundación inaugura en Santiago a exposición «A Caza» do multipremiado  Alberto Vázquez

Afundación inaugura en Santiago a exposición «A Caza» do multipremiado Alberto Vázquez

xoves, 21 de xaneiro de 2021
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA inaugurou hoxe na súa sede de Santiago a exposición «A Caza», do autor de banda deseñada Alberto Vázquez, que vén de ser nomeado aos Premios Goya pola curtametraxe de animación Homeless Home, tras gañar este galardón en tres ocasións. A presentación da mostra organizouse no marco da celebración do Día da Ilustración o vindeiro 30 de xaneiro e de «Cromática. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC)», que se pode visitar tamén actualmente na Sede Afundación de Santiago. Na presentación aos medios, celebrada esta mañá, estiveron presentes Matilde Rodríguez, comisaria da MiiC e Ana Salgado, coordinadora da Sede Afundación de Santiago.

 

A mostra, que se poderá visitar ata o 27 de febreiro, está organizada pola Deputación da Coruña en colaboración con Afundación e ten comisariado de Jaime Oiza. O seu horario de apertura é de luns a venres, de 17.00 a 21.00 h e os sábados de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.

 

«A Caza» presenta os 22 orixinais do cómic homónimo, gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada que convoca anualmente a Deputación da Coruña. Ambientado nunha contorna selvática, «A Caza» penetra na historia dun home primitivo que persegue un animal. Mediante unha narración chea de metáforas e unha gráfica que oscila entre a abstracción e a figuración, trátanse temas universais como o conflito entre ser humano e natureza, a contaminación ou a emigración.

As obras realizáronse coa técnica de sumi-e con tinta chinesa, técnica de pintura xurdida no século II en China, considerada «arte do esencial». En palabras do recoñecido historietista Albert Monteys, membro ademais do xurado do Premio Castelao de Banda Deseñada, Alberto Vázquez «sorpréndenos cun cambio de rexistro que remite aos clásicos da temperá novela gráfica, como Ward ou Masereel, pero que podería retrotraernos ata Altamira, ou ao relato dun chamán xunto ao lume. Un cómic atávico, poderoso, absorbente e musical».

ALBERTO VÁZQUEZ

Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), tras o éxito de cómics como Psiconautas ou El evangelio de Judas, labrouse unha consistente traxectoria de director de animación que lle levou a gañar tres premios Goya coas curtametraxes Birdboy e Decorado, e o de mellor película de animación pola adaptación de Psiconautas, distincións ás que se suma o seu recente nomeamento por Homeless Home na edición deste ano.

Os seus libros foron editados, ademais de en España, en Francia, Italia, Brasil e Corea. Así mesmo, as súas creacións audiovisuais obtiveron máis de 60 premios internacionais e exhibíronse en prestixiosos festivais de todo o mundo como Cannes, Toronto, Annecy, Clermont- Ferrand, Zagreb ou Park City (Slamdance).

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • O valor da experiencia
    • Programas Espazos +60
    • Imaxe social
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • Voluntariado
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Tenda
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078