
Versos versus virus e Galifunk Brass en IKFEM DIXITAL en Afundación TV
07.10.2020. Afundación TV é a canle de emisión de la programación dixital en directo que este ano integra o cartel do Festival de Teclado da Eurociudade Tui - Valença (IKFEM), que alcanza con esta a súa oitava edición. Mañá, xoves 8 de outubro, Versos versus virus estará en concerto aquí, e o venres 9 de outubro, será a quenda de Galifunk Brass.
As imaxes están dispoñibles aquí.
Versos Versus Virus
Esta iniciativa xurdiu durante o confinamento da man de Juan José Bustos Pérez, músico multiinstrumentista. A idea agromou cando encontrou un audio da poeta malagueña Kris León e decidiu musicalizalo e arroupalo con imaxes. A Kris León gustoulle tanto o resultado que Juanjo decidiu estender a proposta. A día de hoxe son máis de corenta poetas quen prestaron as súas voces para este proxecto creativo.
Galifunk Brass
É un grupo de 10 músicos dos arredores de Pontevedra influenciados principalmente polas bandas de música estadounidenses. Buscan romper coas pautas do clásico e fan as súas propias versións orixinais de temas disco, funky, soul e R&B. O seu repertorio abarca desde temas propios dos setenta, como os de Aretha Franklin, ata o máis actual, como Bruno Mars.
Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.