O 29 e 30 de xuño a Sede Afundación da Coruña acolle Fantasías gastronómicas cos Pequechefs e Lugrís, un divertido curso de cociña infantil a partir de 6 anos. Facemos da cociña un espazo divertido onde a arte e a gastronomía marcan a folla de ruta, tomando como referencia a mostra «Lugrís, paredes soñadas», que loce na cidade.
Inscricións en ataquilla.com
Esta vez comemos cos ollos! Trasladamos a cor e a forma pictórica de Lugrís ao prato, fomentando a actitude e o interese da aprendizaxe na cociña e na arte. Potenciamos a creatividade e o traballo en equipo a través das seguintes receitas:
- Volcáns mariños recheos de froitas
- Barquiños navegando nunha ensalada
- No mar, o peixe grande come o pequeno
- Paisaxe mariña para almorzar
- Polbiños enmarañados nas redes
- Tartarugas e outros animais mariños
- Estrelas nun mar de cores... e ata na pizza!
O curso estrutúrase en dúas clases de dúas horas cada unha.
IMPARTIDO POR: Mayte Fernández
DIRIXIDO A: Nen@s a partir de 6 anos
DÍAS: 29 e 30 de xuño de 2017
HORA: 11.00 a 13.00 h.
MATRÍCULA: 25 €
Máximo 15 participantes.
A realización do curso está suxeita a un número mínimo de 8 asistentes.