EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA MULLERES BRAVAS, PIONEIRAS, ARTISTAS, PENSADORAS, CREADORAS…
A nova exposición bibliográfica conmemora o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo, que nós converteremos nun mes de celebración. Aproveita todo este material bibliográfico para descubrires todo un universo feminino da man de múltiples “mulleres-creadoras” de todos os ámbitos.
OBRADOIROS E ACTIVIDADES HORA DO CONTO
Todos os martes ás 18.30 h sesión de contacontos para os máis cativ@s.
OBRADOIROS DE DINAMIZACIÓN LECTORA
Sábado 3. Presentación libro A casa grande de Joâo Manuel Riveiro. 12.00 h
Luns 5. Xogo de interpretación e reflexión: Hai oficios de mulleres? 18.30 h
Xoves 8. Obradoiro de expresión plástica: Mulleres bravas. 18.30 h
Xoves 15. Obradoiro floral con papel de seda: Decoramos con flores. 18.30 h
Venres 16. Obradoiro de educación ambiental: Celebramos a primavera. 18.30 h
Luns 19. Obradoiro de creación literaria: 21, Día da Poesía. 18.30 h
Mércores 21. Obradoiro de educación ambiental: Somos natureza. 18.30 h
Xoves 22. Obradoiro de expresión plástica: Pintando a primavera. 18.30 h
Mércores 28. Obradoiro de educación financeira: O uso da auga. 18.30 h
ACTIVIDADES DO CONCELLO (Información no propio centro)
TEATRO todos os luns a partir das 18.00 h
VENRES EN FAMILIA a partir das 18.00 h
ACTIVIDADES CON DEBBIE: SVE (voluntaria europea grega)
Todos os luns, martes e mércores reúnense aquí na Biblioteca un grupo de voluntari@s de Asdegal para realizar tarefas de apoio escolar. Unha iniciativa para aplaudir!
Non esquezas que polos libros que se entreguen con demora aplicamos unha “penalización solidaria”, pola que terías que entregar alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Santiago de Compostela, contribuíndo deste xeito a crear un mundo máis concienciado, responsable e solidario.