Conferencia con Javier Urra. Ferrol
Ver conferencia
A Sede Afundación de Ferrol acolle o día 19 de xaneiro unha conferencia co reputado terapeuta Javier Urra. Tratará diversos temas relacionados coa educación dos nosos fillos para desvelarnos algunhas das claves para axudalos e guialos ante as novas problemáticas sociais. Esta charla forma parte do ciclo Educación e Docencia no século XXI que estreamos co novo ano en Afundación, unha oportunidade para escoitar grandes especialistas sobre unha das cuestións máis destacadas dos nosos tempos, como educar.
COMPLETO!
Podes acceder á conferencia en streaming en Afundación TV, a nosa canle de Youtube.
«A educación, a mellor das vacinas»
Abordaranse os antídotos que hai que utilizar cando os problemas xa están instaurados, adicións de substancias ou tecnolóxicas. O ser aducido por grupos fanáticos; o risco inherente nos trastornos alimentarios; a violencia entre iguais; a violencia contra si mesmos; e a violencia contra os proxenitores. É por iso que cabe educar. A xustiza pon apósitos cando te están a bombardear. A educación é todo, no autodominio, na actitude, no proxecto existencial, na relación con un mesmo e cos demais, que inclúe a natureza e o sentimento de transcendencia.
Javier Urra é doutor en Psicoloxía coa especialidade de Clínica e Forense. Doutor en Ciencias da Saúde. Pedagogo Terapeuta. Psicólogo en excedencia voluntaria da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e dos Xulgados de Menores de Madrid. Embaixador da Asociación Iberoamericana de Psicoloxía Xurídica. Profesor en Psicoloxía (U.C.M.). Académico de Número da Academia de Psicoloxía de España. Patrono da Fundación Pequeño Deseo. Presidente da Comisión Rectora do programa recURRA-GINSO para pais e fillos en conflito. Presidente da Sociedade Española para o Estudo da Violencia Filio-parental (SEVIFIP). Escritor. Contertulio en Medios de comunicación. Primeiro Defensor do Menor.
O proceso de cambio social que vivimos actualmente require que pais, nais e educadores esteamos preparados para asumir novos modelos de educación e os novos retos que presentan, por iso desde Afundación deseñamos un ciclo de conferencias que ofrece información fresca e alternativa sobre novos estudos máis acordes coas sociedades actuais e, concretamente, cos intereses e habilidades das persoas. O ciclo arranca no mes de xaneiro co experto Javier Urra e continúa en febreiro con César Bona, ao que seguirán outros especialistas ao longo do ano para afondar en diferentes temas relacionados coa educación e a docencia. Serán nas nosas sedes de Ourense, Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela.
Vindeiras datas
Ourense. 18 de xaneiro. 20.00 h. Javier Urra, «A educación, a mellor das vacinas».
Ferrol. 19 de xaneiro. 20.00 h. Javier Urra, «A educación, a mellor das vacinas».
A Coruña. 8 de febreiro. 20.00 h. César Bona, «As escolas que cambian o mundo».
Santiago de Compostela. 9 de febreiro. 20.00 h. César Bona, «As escolas que cambian o mundo».
Para asistir inscríbete neste formulario.