Premios

A creación no campo da literatura, a arte e a investigación ten o seu recoñecemento a través dos nosos premios.

Coñece máis sobre estes e participa.

Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa

Co obxectivo de poñer en valor o traballo de persoas destacadas polas súas achegas á investigación en educación en calquera dos seus niveis, dimensións ou modalidades convocamos o Premio Internacional de Investigación Educativa.

Poderán optar ao premio exclusivamente persoas físicas que non poderán presentarse a título individual, senón que deberán ser propostas por entidades ou organizacións. Este galardón créase en consonancia co carácter educativo de Afundación e a nosa vontade de impulsar a educación tamén como materia científica capaz de contribuír moi significativamente ao desenvolvemento das persoas e os pobos e co fomento do pensamento na práctica educativa en todos os seus niveis e modalidades, tanto formais como non formais.

Premio de Poesía Afundación

Este certame literario é unha iniciativa de Afundación e o Centro PEN de Galicia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e ten como obxectivo impulsar a creación en lingua galega.

Se contas cunha obra poética inédita, consulta as bases e fainos chegar o teu orixinal.

Bases do XXII Premio de Poesía Afundación.
Gañador@s do Premio de Poesía Afundación. PDF - 100 kB

Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

Dentro do eido xornalístico convocamos anualmente este concurso literario que premia autoras/ es de artigos escritos en castelán, publicados en medios de comunicación de prensa. Gañador da XLIV edición en 2023: «Escoitar os mortos» de María Sánchez, publicado en La Vanguardia.

Bases da XLV edición PDF.

Artigos e persoas gañador@s do Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba desde os seus comezos. PDF - 500 kB

Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Dentro do eido xornalístico convocamos anualmente este concurso literario que premia autoras/ es de artigos escritos en galego, publicados en medios de comunicación de prensa. Gañadora da XX edición en 2023: Mar Mato por «Réquiem por un sombreiro», no Faro de Vigo.

Consulta as bases: Bases XXI Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

Gañador@s do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego desde os seus comezos. PDF - 1 Mb

Concurso de Beléns Afundación

Desde Afundación convocamos a nova edición do Concurso de Beléns, un clásico xa no Nadal de Vigo. Coma cada ano poderán concorrer ao concurso persoas maiores de idade ou colectivos de escolares, de entidades sociais ou culturais.

Un xurado designado por Afundación valorará a confección das figuras presentadas, a composición do conxunto, orixinalidade, unidade de estilo, grao de dificultade e execución.

Consulta as bases: Bases Premio Afundación de Beléns 2023