Líneas generales Plan Estratégico 2015-2019

As nosas liñas estratéxicas están orientadas a fomentar o envellecemento activo, a difusión cultural e unha educación superior especializada que aposte pola empregabilidade.

Educación superior

O noso modelo de educación superior busca:

  • Mellorar a empregabilidade da xente moza.
      Iniciativas:
    • Incorporar estudantado e profesorado estranxeiro para internacionalizar o IESIDE.
    • Desenvolver unha oferta académica innovadora de calidade que incorpore a formación non presencial.
    • Ofrecer formación práctica e unha estreita relación con empresas.
    • Posibilitar o acceso á formación superior de persoas con baixos recursos.
    • Desenvolver un programa de educación financeira para toda a sociedade.
    • Potenciar os centros de Formación Profesional.
    • Fomentar unha contorna favorable para a aprendizaxe e a xeración de coñecemento a través das nosas bibliotecas.

  • Propiciar a mellora das empresas a través dunha formación de calidade.
      Iniciativas:
    • Potenciar a Educación Corporativa desenvolvendo a liña actual de programas «in Company».
    • Fomentar a integración da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) nas empresas galegas.
    • Contribuír ao reforzo de capacidades das entidades de economía social de Galicia.

Envellecemento activo

En Afundación buscamos potenciar un papel activo das persoas maiores na sociedade e favorecer o seu recoñecemento.

    Iniciativas:
  • Desenvolver catro liñas de actuación nos centros que conforman a nosa rede:
    • Formación e coñecemento
    • Hábitos saudables
    • Cultura e formación artística
    • Lecer activo

  • Potenciar un programa de aprendizaxe e desenvolvemento persoal das persoas maiores con actuacións dentro e fóra dos centros.
    • O valor da experiencia
    • Programa de voluntariado

  • Impulsar o recoñecemento social das persoas maiores mediante accións de visibilidade
    • +50: programa de apoio á xubilación
    • 60+ COUNTS. Día Internacional das Persoas Maiores

Cultura

Consideramos de grande importancia fomentar o coñecemento e o desenvolvemento das persoas a través da cultura.

    Iniciativas:
  • Artes escénicas: deseñar unha programación en que prime a calidade sobre a cantidade.
  • Dinamización cultural: favorecer a difusión da cultura a través das nosas sedes.
  • Colección de arte de Afundación e de ABANCA: dar a coñecer os seus fondos a toda a sociedade galega.
  • Participar na vida cultural da comunidade galega no exterior, con especial atención a Asturias e León.
  • Cultura para todos e todas: estender a nosa presenza cultural a vilas de Galicia.
  • Diversionarte: accións dirixidas e protagonizadas por persoas con diversidade funcional, utilizando a arte como vehículo de inclusión e participación social.
  • Programación infantil: programas pedagóxicos de desenvolvemento da creatividade a través das artes plásticas e escénicas e da literatura.

As liñas estratéxicas de Afundación constrúense sobre un continuo diálogo coa comunidade e unha estrutura organizativa flexible que busca encontrar sinerxías para mellorar o rendemento dos nosos proxectos.

Como nos financiamos

ABANCA é o noso único mecenas tras a sinatura en 2015 dun convenio polo que realiza unha achega anual de cinco millóns de euros ata 2017. Transcorrido este período, destinará o 3 % dos seus beneficios netos, cun mínimo garantido de cinco millóns de euros para os seguintes 25 anos.

Tamén nos financiamos a través do aluguer de salas nas nosas sedes e dos inmobles que dispoñemos en diversas cidades; vendendo entradas para espectáculos, cursos e obradoiros na web ataquilla.com; mediante o cofinanciamento de actividades por parte das persoas usuarias; e a través do Monte de Piedade. Contamos ademais cun servizo editorial e realizamos proxectos de consultorio xerencial para empresas.