Xosé Carlos Caneiro
1963
Diplomado en Maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia.
TRAXECTORIA PROFESIONAL
Asesor do Centro de Formación do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Profesor do curso «Arte da Ficción e Creación Literaria» da Universidade de Vigo.
Director do espazo cultural Oficio de Palabras na TVG.
Escritor: O esculpido sorriso dos teus beizos, 1984; Da túa ausencia, 1991 (Premio Celso Emilio Ferreiro); Estación Sur, 1994 (Premio Cidade de Ourense); A Valga do triste amor, 1997 (Premio Xohán Carballeira); Aínda soñas con piratas?, 1999 (Premio Rosalía de Castro); O infortunio da soidade, 1992 (Premio Xerais); relato «Bette Davis, por favor», incluído en Loias, lucérnulas e outras historias no fío de Monterrei, 1995 (Premio Breogán); «O caso de Horacio Solveira», incluído en Historias no fío de Monterrei, 1988 (Premio Ourense de contos); «Trinta e sete días sen verte, Laura» incluído no volume colectivo Unha liña no ceo, 58 narradores galegos, 1996 (Premio Castelao de Narrativa 1996); «Zapatos de cristal, blues», 1997 (Premio Monte da Condesa de relatos 1996); Un xogo de apócrifos, 1997 (Premio Torrente Ballester de narrativa 1996, Premio Nacional da Crítica en lingua galega 1998 e finalista do premio Nacional de Narrativa 1998), traducida ao castelán; Talvez melancolía, 1999 (XI Premio de novela García Barros); A última memoria de Oliverio Twist, 2000 (Certame de novela breve Lueiro Rey); A rosa de Borges, 2000 (I Premio <Risco> de literatura fantástica) traducida ao castelán; As flores en Irlanda, 2000 (Manuel Murguía de relatos); Ébora, 2000 (Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa e Premio Blanco Amor), traducida ao castelán e alemán; Ámote, 2003; Jorge Luís Borges, 2003; Os dominios de Caín, 2006; De bar en bar. Para abrazarte escribo, 2006; A vida nova de Madame Bovary, 2008; Blue Moon, 2009; Un último destino, 2010. Como tradutor: O auténtico Oeste, de Sam Shepard; Dani e Roberta, de John Shanley; Parella aberta, de Darío Fo; O contrabaixo, de Patrick Suskind. Coordinou o libro Contos e lendas do val de Monterrei (a publicar proximamente); O buscador de nada, 1991; A nave..., 2000; Os séculos da lúa, 1999; Triloxía dos tristes, 2001. Coautor do libro A memoria de Ourense, 1999. En 2010 publica tres libros–antoloxías sobre Lueiro Rey, Manuel Antonio e Celso Emilio Ferreiro. El libro de los besos y la niebla, 2011; A máscara de Ulises, 2013; Las arañas en Berlín, 2013; Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo, 2015. En 2016 publicará un libro de ensaios sobre Camilo José Cela.
CD De bar en bar. Os poemas prohibidos, Zouma Record’s 2006.
Librodisco Despois de ti, a chuvia, 2011.
Premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo.
Premio Valarte 2006 á creación artística.
Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego 2011.