SEICA 454 “Deli Consa en caixa con futbolista ben tranquilo”

- INV:
- 9304
- Año de creación:
- 2006
- Dimensiones:
- 68 x 158 x 6
- Técnica:
- caixa
Comentarios
Xesús Carballido traballa cunha linguaxe profundamente persoal. Recupera obxectos que toma da vida cotiá, para integralos e compoñer dun xeito equilibrado unha obra de arte. Obxectos que deixaron de utilizarse, que xa non teñen utilidade, adquiren de novo vida propia, unha funcionalidade dentro da peza.Tendencia á recompilación. Rescata obxectos do pasado que xa non teñen función, pero si unha relación de empatía co espectador. Provocan recordos, ideas ou historias.
Constrúe unha colaxe a base de agrupacións de obxectos dispares que coloca en diferentes compartimentos a xeito de expositor. Un escaparate do pasado con pezas recicladas ás que lles dá un novo significado.