CHICAGO (I)
Comentarios
Chicago descóbrese ante os ollos do espectador coma unha cidade na que a verticalidade dos seus edificios compénsase co seu desenvolvemento horizontal, converténdoa nunha urbe panorámica, nunha narración onde mar, ceo e arquitectura compoñen todo.A obra concíbese mediante un sutil xogo de dualidades e contraposicións, evidente non só no conflito vertical-horizontal, senón na cor e nas formas. O predominio gris da natureza rómpese coa descrición dos altos edificios nos que o colorido convértese no trazo dominante.
O non cor actúa como base sobre a que se asentan os perfís dos rañaceos que parecen realizados mediante modelo, a través de anacos de cores brillantes, caprichosas, que varían dende os amarelos, os ocres e os laranxas e os verdes, ata os azulóns e os violetas máis intensos. A cor convértese en xeometría e a xeometría en mancha que vai delimitando, a modo de colaxe, ángulos, contornos, superficies para configurar unha potente silueta urbana enmarcada polas nubes transparentes, algodonosas cun sentido da unidade e da harmonía que equilibran a totalidade do conxunto.