Sin título
Comentarios
A cor e a xeometría son dous principios que soportan unha composición con referencias ó Suprematismo e ó Constructivismo, ineludibles nunha obra que é abstracción pura.A sobriedade compositiva deriva da estructura formal organizada en ritmos de tres elementos, tres cores, azul, amarela e verde, distribuídas en tres bandas paralelas que ordenan a obra horizontalmente. A proposta complétase mediante o trazado das liñas da non cor, o branco e o gris, que fragmentan e alteran a obra xerardo planos xeométricos que desbordan os seus lindes físicos.
A presencia da cor en Caruncho funciona como un axente dinamizador adquirindo, como consecuencia da división, diferentes tonalidades. A selección da cor plana está pensada e estudiada, escollendo as dúas cores primarias, a azul e a amarela pola súa relación co verde, de grande importancia na súa obra xa que se entende como un referente, como unha metáfora do verdor de Galicia.
Concibida como unha arquitectura que garda un difícil equilibrio, na obra percíbese unha enorme tensión. As liñas brancas e grises xeran cortes e fracturas que están a punto de romperse desordenando a peza como un puzzle pero, milagreiramente, mantense dando unidade, conservando a harmonía visual e cromática nun xogo de encaixes e fragmentos que amosan a complexidade dunha proposta lucidamente explicada nos versos de José Caballero, 'Non hai nada máis difícil que enfiar unha agulla e trazar unha liña recta'.