• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Figura

SEOANE

Figura
INV:
2545
Año de creación:
1958
Dimensiones:
64 x 49 x 0
Técnica:
Tinta chinesa e augada sobre papel

Comentarios

O ano 1958 foi moi importante na traxectoria artística de Seoane xa que participou na Exposición Universal de Bruxelas gañando a Medalla de Prata. De novo, a imaxe da muller, referente fundamental na súa obra, sérvelle para expoñer todos os seus coñecementos e experiencias nunha busca, iniciada a comezos dos anos cincuenta, dunha obra persoal e renovadora. Unha figura feminina, de corpo enteiro, sitúase nun espacio delimitado por unha simple liña. A imaxe teatral, ataviada con vestido, sombreiro e zapatos de tacón, está reducida ós compoñentes máis elementais para ser entendida, convertida nun esquema e reducida a uns sinxelos trazos externos que delimitan o seu contorno. As augadas funcionan como masas de cor dispostas fragmentariamente, animando a composición pero, a diferencia das superficies planas de cor herdadas de Matisse, na obra créanse ritmos e movemento, sucédense os xogos de luces e sombras, mediante a diferente intensidade das tintas, das que extrae transparencias, grises, negros, nunhas impensables calidades cromáticas. Liñas e manchas non se corresponden, xeran unha imaxe plana e de clara influencia picassiana na que o desaxuste entre tinta e debuxo consegue unir, dun xeito absolutamente novidoso, abstracción e figuración.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78