• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • ico-home Colección
  • ico-artists Artistas
  • ico-obras Obras
  • ico-prestamos Préstamos
  • ico-shop Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ARTURO FERNÁNDEZ CERSA

FERNÁNDEZ CERSA, ARTURO

( A Coruña, 1866 - 1937 )

Biografía

Cursou estudios na Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, onde tivo como mestres a Menéndez Pidal e a Ferrant. Estableceuse en Madrid, onde tivo un estudio e realizou numerosos retratos. Comparteu a súa dedicación á pintura coa súa afección á música, chegando a ser un notable pianista. Viaxou por toda Europa e en Portugal foi mestre do rei Don Carlos. Concorreu a certames oficiais e fixo numerosas exposicións. Cando estalou a guerra civil, en 1936, estaba expoñendo en Alicante, onde os avatares bélicos fixeron que desaparecese boa parte da súa obra. Conseguíu retornar á súa cidade natal, onde faleceu o 27 de agosto do ano seguinte. Cersa é, sobre todo, un excelente retratista, captador da psicoloxía dos seus personaxes, sempre desde un ton áulico. Baseábase nun excelente debuxo e foi tamén un estimable paisaxista. Obras súas consérvanse en museos e coleccións de diferentes lugares do mundo. Como consecuencia da súa intervención na exposición da súa cidade natal en 1923, quedaron nela varios cadros do artista, que garda, entre outras institucións, a Academia de Belas Artes Nosa Sra. do Rosario, da urbe herculina, e maila Deputación Provincial da mesma cidade.

Bibliografía

-Couselo Bouzas, José: La pintura gallega. A Coruña, Porto y Cía, 1950. -Sobrino Manzanares, Mª Luisa y Liano Pereira, Mª Dolores: Catálogo do patrimonio artístico da Diputación de A Coruña. A Coruña, Diputación, 199, Vol. I. -Gran Enciclopedia Gallega: Tomo 12. Gijón, S. Cañada, edit, 1973.

Obra

  • Playa

    Playa 1923

  • Paixase

    Paixase 1900

  • Ría

    Ría 1923

  • Confurco

    Confurco 1923

Ver todas as obras ico-arrow-right
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2019 © Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2019
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78