ARTURO ANDRADE
Andrade Arias, Arturo
( Outeiro de Orraca, Allariz, Ourense, 10 de diciembre de 1956 )
Biografía
Considérase autodidacta. Traballou como axustador montador en empresas do País Vasco, onde sen dúbida coñeceu moi de cerca a obra de Oteiza, con quen mostra concomitancias. Iniciouse na escultura en 1980 e anos despois na pintura, dentro da tendencia Anaïf@. Viaxa por europa, a India e Nepal, en 1985, e absorbe intensamente mundos e culturas exóticos. Traballa en París, vive temporalmente en Madrid e establécese en Elgóibar, Guipúzcoa, aínda que a temporadas modela en Allariz. A súa paixón por tódalas expresións da arte levouno a ensaiar tamén o gravado. Comezou a expoñer en 1981, en Ourense, e posteriormente fíxoo en numerosas cidades de Galicia. Participou en mostras colectivas en toda Galicia, en Burgos, Madrid e Portugal. Ten obra nos museos de Pontevedra, Bello Piñeiro de Ferrol, Internacional de Arte Naïf de Jaén, e no instalado ó aire libre no ámbito da torre de Hércules, na Coruña. Realizou murais en cerámica, barro e pedra, en diversas institucións e edificios de Galicia. A escultura de Arturo Andrade posúe unha forza expresiva notable. Partindo de tendencias que incorporan idealmente a oquedade ó volume, xoga coas curvas para achegarse a unha figuración relativa. Tamén se aproxima ó totemismo, reelaborando exemplos de culturas antigas orientais. Posúe rotundidade e é moi sabida a súa combinación de artistas, planos e curvas, nas expresións en bronce.
Bibliografía
Alvarado, Segundo: La armonía de la madera. La Región. Ourense, 1981.