

Situada na zona nobre do edificio e dotada cunha mesa para 24 persoas, é un lugar ideal para reunións de alto nivel. Dispomos ademais de varios espazos contiguos que proporcionan un ambiente discreto para a conversa, reunións informais ou ben o traballo en solitario. Contamos á súa vez cunha agradable zona de comedor que posibilita a celebración de almorzos e cocktails de empresa.
Medios técnicos:
- 7 monitores de 15’’
- 2 pantallas plasma 60’’
- Equipo de multiconferencia
- PC + teclado e rato sen cables
- Reprodutor/gravador DVD
- Unidade central de control Crestron
- Unidade de audioconferencia
- Conexión a internet/Wi-Fi