O noso Espazo +60 de Ferrol encóntrase na Magdalena, verdadeiro corazón de Ferrol, a escasos metros de algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade: o mercado, o Teatro Jofre ou a concatedral.
Volvemos con enerxías renovadas e ganas de vernos de novo!
● Consulta a programación de actividades presenciais e inscríbete cubrindo o formulario dende o 3 de setembro ás 10.00 horas ata o 20 de setembro ás 13.00 horas.
● Consulta a programación de actividades +60 ONLINE e inscríbete a partires do 23 de setembro na web de Afundación.
Se queres saber máis, coñece a fondo o programa dos Espazos +60 no Boletín núm. 0, Boletín núm. 1
Características
Distribución do centro
Nivel 3
Recepción
Despacho
Sala de actividades físicas
Sala de actividades artísticas
Sala de formación
Ciberaula
Aseos
Nivel 4:
Sala de Billar
Sala de Lectura
O centro é accesible para persoas con mobilidade reducida.
Servizos
Os servizos que ofrecemos aos socios e socias dos Centros de Maiores son permanentes e gratuítos, excepto algúns que teñen un custo económico reducido.
Traballo social: Atendémoste, informámoste e asesorámoste sobre outros recursos e programas sociais de especial interese para ti. Luns a venres de 10.00 a 13.00 h.
Ciberaula: Navega gratuitamente por internet, utiliza o correo electrónico e practica a informática na nosa aula.
Biblioteca: Ven ler libros de autores clásicos e contemporáneos nunha contorna acolledora.
Préstamo de libros: Para fomentar a lectura, se o desexas podes levar á casa gratuitamente aqueles libros que máis esperten a túa curiosidade..
Prensa e revistas: Coñece a actualidade diaria mediante a lectura e consulta de xornais e revistas sobre saúde, economía, viaxes, sociedade etc. nun espazo confortable.
Espazo de xogo e faladoiro con servizo de máquinas de bebidas: Establece e fortalece a amizade a través do encontro, a charla e os xogos de mesa, mentres gozas dunha consumición.
Rede wifi
Para acceder a estes servizos é necesario estar asociado ao centro e acreditalo coa presentación do carné de socio.
É preciso concertar unha cita previa que podes solicitar por teléfono (indicando o número de carné e nome completo) ou ben persoalmente en recepción, onde che entregaremos o impreso de cita correspondente.
Horarios
Luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h
Sábados e domingos, pechado.
Pechado durante o mes de agosto, festivos, 24 e 31 de decembro.
Localización
Ver mapa más grande
Asóciate
Máis información no 981 323 378 ou a través de correo-e
Contacto