O Centro de Formación Profesional Colexio Fogar Afundación nace en 1948 e érguese hoxe como un centro de formación profesional de referencia na provincia de Pontevedra. Toda a súa actividade se desenvolve neste campo, adquirindo unha gran capacidade de adaptación aos diversos plans.
A oferta formativa está composta por seis ciclos formativos de grao medio (Preimpresión Dixital; Impresión en Artes Gráficas; Soldadura e Caldeirería; Mecanizado; Instalacións Eléctricas e Automáticas; e Instalacións de Telecomunicacións) e tres de grao superior (Programación da Produción en Fabricación Mecánica; Automatización e Robótica Industrial; e Mantemento Electrónico). No Colexio Fogar tamén ofertamos cursos formativos para traballadores de empresas en activo coa finalidade de manter actualizados os seus coñecementos profesionais específicos. Con este novo programa o centro xera recursos alternativos para contribuír ao seu propio sostemento.
Características
O centro dispón de:
OBRADOIROS
- Obradoiro de impresión de 312 m2
- Obradoiro de preimpresión de 130 m2
- Catro obradoiros de electrónica de 134, 115, 138 e 145 m2 respectivamente
- Catro obradoiros de electricidade de 128, 126, 148 e 141 m2 respectivamente
- Obradoiro de soldadura e caldeirería de 399 m2
- Obradoiro de mecánica de 856 m2
OUTRAS INSTALACIÓNS
- Salón de actos cunha capacidade de 471 butacas
- Capela cunha capacidade de 400 persoas
- Amplo ximnasio cunha superficie de 222 m2
- Salón social e cafetaría cunha superficie de 273 m2
- Aula de usos múltiples de 144 m2 e biblioteca de 125 m2
- Centro de antigos alumnos cunha superficie de 123 m2
- Salón polivalente de 101 m2
- Sala de profesores de 64 m2
- Amplas zonas axardinadas
- Canchas de deportes:
- Campo de fútbol
- Campo de fútbol sala
- Campo de baloncesto
- Frontón
Servizos
Os ciclos que se imparten na actualidade son os seguintes:
CICLOS FORMATIVOS (todos concertados)
- De grao medio
Preimpresión Dixital - 2000 horas
Impresión Gráfica - 2000 horas
Mecanizado - 2000 horas
Soldadura e Caldeirería - 2000 horas
Instalacións Eléctricas e Automáticas - 2000 horas
Instalacións de Telecomunicacións - 2000 horas
- De grao superior
Programación da Produción en Fabricación Mecánica - 2000 horas
Automatización e Robótica Industrial - 2000 horas
Mantemento Electrónico - 2000 horas
Máis información en https://colegiohogar.afundacion.org/blog/
Horarios
Luns, mércores e venres 08.10 a 14.30 h.
Martes e xoves 08.10 a 14.55 h.
Localización
Ver mapa más grande
Asóciate
Condicións de acceso aos ciclos formativos:
Ciclos formativos de grao medio
Duración: 2000 h. en dous cursos.
Acceso directo: Graduado en ESO, FP 1 ou 2º BUP
Mediante proba: Ter 17 anos ou facelos durante o ano
Título ao rematar: Técnico
Prazo de solicitude:
- Período ordinario: 25 de xuño ao 3 de xullo ata as 13.00 horas (aprobados en xuño)
- Período extraordinario: 3 ao 11 de setembro ata as 13.00 horas (aprobados en setembro)
Documentación precisa:
- Certificación académica oficial dos estudos proposto para o título
- DNI orixinal e sinatura dos titores
- Solicitude web http://www.edu.xunta.es/fp/ e admisión de ciclos https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/
Códigos necesarios para cubrir a solicitude:
- 36011609: Código do Centro de Formación Profesional Colexio Fogar Afundación
Códigos dos ciclos de grao medio:
- CMARG01 Impresión Gráfica
- CMARG02 Preimpresión Dixital
- CMELE02 Instalacións de Telecomunicacións
- CMELE01 Instalacións Eléctricas e Automáticas
- CMFME02 Soldadura e Caldeirería
- CMFME01 Mecanizado
Ciclos formativos de grao superior
Duración: 2000 h. en dous cursos
Acceso directo: COU, bacharelato, FP 2 ou título de Grao Medio
Mediante proba:
Ter 19 anos ou facelos durante o ano
Título ao rematar: Técnico superior
Prazo de solicitude:
- Período ordinario: 25 de xuño ao 3 de xullo ata as 13.00 horas (aprobados en xuño)
- Período extraordinario: 3 ao 11 de setembro ata as 13.00 horas (aprobados en setembro)
Documentación precisa:
- Certificación académica oficial dos estudos proposto para o título
- DNI orixinal e sinatura dos titores
- Solicitude web http://www.edu.xunta.es/fp/ e admisión de ciclos https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/
Códigos necesarios para cubrir a solicitude:
- 36011609: código do Centro de Formación Profesional Colexio Fogar Afundación
Códigos dos ciclos de grao superior:
- CSELE04 Mantemento Electrónico
- CSELE03 Automatización e Robótica Industrial
- CSFME01 Programación da Produción en Fabricación Mecánica
Para máis información accede á web do centro: www.colegiohogarncg.com
Contacto