FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL, con domicilio na Coruña, Cantón Grande 8, Código Postal 15003, A Coruña, e Código de Identificación Fiscal G-70270293, á que corresponde a titularidade do portal www.afundacion.org (no sucesivo, o PORTAL), que pon á disposición dos usuarios -as de Internet, co fin tanto de proporcionar información sobre os servizos, produtos e actividades ofrecidos por FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, coma de permitir a prestación de determinados servizos a través do propio PORTAL, denominados "on-line".

FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL está inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Aceptación das Condicións de Utilización do Portal

As presentes condicións xerais de utilización do PORTAL, xunto coas condicións xerais de contratación dos servizos prestados a través do mesmo, así coma calquera outras condicións que a tales efectos poidan establecerse, teñen por finalidade a regulación e información aos usuarios -as do PORTAL dos servizos que presta a FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL, e a propia regulación do uso do PORTAL.

A navegación e/ou a utilización dos servizos do PORTAL supoñen a aceptación como USUARIO, e sen reservas de algún tipo, de todas as condicións xerais de utilización do mesmo, así coma das condicións xerais de contratación e de calquera outras condicións que poidan establecerse en relación coa prestación a través do PORTAL dos servizos ofrecidos por FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL.


Condicións Xerais do portal

Política de Privacidade

a) Protección de Datos de Carácter Persoal:

De conformidade co establecido na Lei Orgánica n 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL informa ao USUARIO de que:

  1. Os datos de carácter persoal, incluído o enderezo de correo electrónico, que o USUARIO lle proporcione ao cubrir e enviar os formularios que figuran no PORTAL, serán incorporados aos ficheiros de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL para que esta poida efectuar o tratamento, automatizado ou non, de tales datos, así coma dos que poidan xerarse por causa da correspondente relación negocial que, no seu caso, o USUARIO concerte con FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL.
  2. As finalidades a que FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL destinará os datos referidos serán as indicadas no aviso sobre rexime do tratamento dos datos de carácter persoal e do enderezo de correo electrónico ubicado no correspondente formulario.
  3. Nos citados avisos sobre rexime do tratamento dos datos de carácter persoal e da do enderezo de correo electrónico o USUARIO será adecuadamente informado respecto do carácter obrigado ou facultativo da resposta ás cuestións que lle sexan expostas nos formularios respectivos, e das consecuencias da negativa a facilitar os datos que se lle soliciten.
  4. Os usuarios poderán exercitar os dereitos recoñecidos por lei, máis concretamente os de acceso, rectificación e cancelación, dirixindo un comunicado escrito xunto con acreditación suficiente da personalidade, ao seguinte enderezo: Comité LOPD. San Andrés 135-137, 2º. 15003 A Coruña. Poderá exercitar igualmente o dereito de oposición por ese mesmo procedemento ou, nas comunicacións recibidas, a través dun procedemento incluído cada unha delas.
  5. Mediante o envío de calquera dos formularios que figuran no PORTAL, o USUARIO presta o seu inequívoco consentimento ao rexime do tratamento dos datos de carácter persoal e do enderezo de correo electrónico que se describe no aviso sobre o devandito rexime habilitado no formulario correspondente.
  6. FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL tratará de forma confidencial os datos de carácter persoal que o USUARIO lle proporcione, axustándose ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e nas normas que a desenvolven ou complementan, e con aplicación das medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos devanditos datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizados.

b)Cookies

FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL pode utilizar cookies cando o usuario navega a través do portal. Estas cookies, activadas polo servidor cuxo nome de dominio é www.afundacion.org, son pequenos ficheiros de datos que se almacenan no ordenador do usuario para facer que os nosos sistemas obteñan información sobre a guía ou portal específico no que o USUARIO estaba na súa última visita a el, as preferencias do usuario na navegación do portal, os fins estatísticos e para mellorar o servizo e adaptalo ás preferencias do usuario. Estas cookies teñen unha duración limitada. En calquera caso, a aceptación das cookies non obriga o usuario a visitar e utilizar o Portal, de xeito que o usuario pode oporse á utilización das cookies configurando o seu navegador de conformidade.

Para máis información sobre como xestionar as cookies, visite esta páxina.

c)Navegación y redes sociais

Durante a navegación obtemos datos que nos aportan información sobre usabilidade e preferencias dos usuarios, segundo os termos e condicións que se prevén expresamente no apartado de cookies. Dentro destas , utilízanse algunhas que permiten interactuar con redes sociais ou otras plataformas externas directamente desde a Web. A forma de interactuar do usuario e a información obtida durante a súa navegación estarán sometidas á configuración de privacidade do propio Usuario en cada rede social, puidendo incluso esas plataformas obter algunha información da súa navegación aínda que o usuario non faga uso dos seus servizos . En calquera caso, o Usuario consinte expresamente que podamos utilizar os seus gustos e preferencias para ofrecerlle publicidade ou eventos que poidesen ser do seu interese , dentro ou fóra da plataforma ou rede social.

Propiedade Industrial e Intelectual. Política de hiperenlaces

Todos os contidos incluídos no PORTAL e, en particular, as marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outras sinais ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL ou de terceiros titulares dos mesmos que autorizaron a súa inclusión no PORTAL. Queda, polo tanto, expresamente prohibida calquera utilización e/ou reprodución de tales marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e demais sinais ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial, sen o consentimento expreso e por escrito de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL.
 
FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL non será responsable da infracción dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes a terceiros que puidera derivarse da inclusión no PORTAL de marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calsquera outros signos ou elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial pertencentes a terceiros que declarasen seren titulares dos mesmos e autorizada a súa inclusión no PORTAL.
 
En ningún caso se entenderá que o acceso ao PORTAL e a navegación a través do mesmo do USUARIO comportan renuncia, transmisión, ou cesión total ou parcial dos antes citados dereitos por parte de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL ou dos titulares correspondentes, nin a concesión de dereito, expectativa de dereito, ou autorización algunha para alterar, transformar, explotar, reproducir, distribuír ou comunicar publicamente os contidos incluídos no PORTAL, cuxa alteración, transformación, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública requirirá, en todo caso, da previa e expresa autorización por escrito de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL ou dos titulares correspondentes.
 
Non se poderá establecer ningún vínculo ao PORTAL desde calquera outras páxinas web sen o consentimento previo e expreso de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL. Os enlaces que se establezan deberán facerse sempre á páxina principal do PORTAL ou, no seu caso, a aquela páxina que a propia FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL determine, sendo dito enlace absoluto e completo de modo e maneira que leve o USUARIO ao sitio de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL, que deberá abarcar completamente toda a extensión da pantalla da páxina principal.
 FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL non será responsable do contido das páxinas web de destino que se establezan mediante vínculos no PORTAL, nin tampouco das infraccións de dereitos de terceiros nas que ditas páxinas puideran incorrer.

Responsabilidade de FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL

O USUARIO recoñece e acepta que a utilización do PORTAL e dos seus servizos realízase baixo a súa enteira e exclusiva responsabilidade.

Non obstante, FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL adoptará en todo momento as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e habida conta do estado da tecnoloxía, para garantir o adecuado funcionamento do PORTAL e evitar a existencia e transmisión de virus e outros compoñentes que puideran prexudicar o USUARIO.

Obrigas do USUARIO

O USUARIO obriga a utilizar os contidos do PORTAL de forma dilixente, correcta e lícita, e en consecuencia comprométese a absterse, en todo caso, de:

  1. Utilizar os contidos do PORTAL con fins ou con efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública.
  2. Reproducir, copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos incluídos no PORTAL, a menos que se conte coa correspondente autorización expresa e por escrito do seu titular.
  3. Utilizar os contidos do PORTAL para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas calquera que sexa a súa finalidade, así coma comercializar ou divulgar de calquera modo dita información.

Lexislación aplicable

As relacións establecidas entre o USUARIO e FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL, titular do PORTAL, rexiranse polo disposto na normativa vixente sobre a lexislación aplicable e a xurisdición competente. Non obstante, para os casos nos que a normativa permita ás partes a posibilidade de someterse voluntariamente a un foro, FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL e o USUARIO, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense ao dos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.

En todo caso, serán de aplicación as normas do Ordenamento Xurídico Español.

Medios Técnicos

Todos os medios técnicos que sexan necesarios para acceder ao PORTAL e á prestación dos servizos ofertados a través do mesmo por FUNDACIÓN GALICIA OBRA SOCIAL serán por conta exclusiva do USUARIO, así como tamén calquera impostos ou gastos doutro tipo aos que a prestación de tales servizos dera lugar.