• Español
  • Acceso centros
Área educativa
  • Proxectos
  • Axenda
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Mostra «Yo, Abelenda». A Coruña

Artes Plásticas y visuales
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
{evento-titulo_ga}
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    11 de abril a 8 de xuño 2019

  • Horario:

    Luns a venres de 17.00 a 21.00 h e sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h. Domingos, pechado

     

    Derradeiras visitas comentadas 5 e 7 de xuño ás 19.00 h. Gratuítas e sen necesidade de inscrición

  • Entrada

    Gratuita
Solicitar visita

Desde Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentamos «Yo, Abelenda», unha exposición que trata a vida e obra do poliédrico artista coruñés falecido hai pouco. Comisariada por Valle García, podes visitala a partir do 11 de abril e ata o 8 de xuño na Sede Afundación da Coruña. 

 


Derradeiras visitas comentadas o mércores 5 e o venres 7 de xuño ás 19.00 h. De balde e sen inscrición previa.

 

Co gallo do #DíaDosMuseos, asiste a unha visita guiada de balde para público familiar | sábado 18 de maio | 12.00 h

Máis información aquí sobre que facer no Día dos Museos nas nosas sedes.

 

DIDÁCTICA ESCOLARES

A área educativa de Afundación deseña un programa específico para todas as idades escolares.

  • «Astronautas no Universo Abelenda». Infantil a 3º de primaria
  • «Os 110 metros obstáculos da arte de Abelenda». 4º de primaria a 2º ESO
  • «Universo Abelenda». 3º e 4º ESO, bacharelato e C.F.

Prezo: 1 € / escolar

 

Sede Afundación A Coruña
Cantón Grande, 8
areaeducativacorunha@afundacion.org
981 185 060

 

A MOSTRA

Alfonso Abelenda sempre mesturou arte, ironía e vida. Desa pluralidade xorde este personaxe nada fácil de describir: estudante de arquitectura en Madrid, campión de España dos 110 metros obstáculos, xogador de rugby, estudante de ciencias exactas, actor en películas de romanos, westerns e comedias, falador no Café Xixón, lexionario en Marrocos, pregoeiro, nómade por terras do Riff, Madrid, Santiago, Montevideo, Caracas, París, Londres, Nova York, Los Ángeles, Nova Orleans, Berlín..., cabaleiro da Orde de María Pita, membro da Real Academia de Belas Artes de Galicia, humorista e, sobre todo, pintor.

 
«Yo, Abelenda» pretende establecer un percorrido polos diferentes xéneros e movementos plásticos que foi atravesando a obra de Abelenda durante máis de 70 anos de traxectoria, cunha antoloxía de 155 obras seleccionadas da inmensa produción do artista. A mostra estrutúrase en 9 seccións: Ilustración e humor, O Prado, Retrato, Bodegón, O taller, A creación, Eros, Tauromaquia e Paisaxe. O obxectivo é chegar a entender as posicións estéticas e éticas dun home que viviu por e para a arte.

 

A diversidade e calidade da arte multidisciplinar e  multiestilístico de Abelenda, sumado á súa intensa vida social, cultural e deportiva, xéranos unha fascinación polo personaxe total. É esta mestura de fascinación e admiración polo artista o que transmite esta exposición.

 

Unha selección de 100 obras dan conta da traxectoria artística e vital de Abelenda. É por iso que a mostra se expón articulada non soamente nas dúas salas, senón que sae aos corredores, procurando crear un percorrido expositivo coherente coas interrelacións entre a obra e o espazo. As obras relacionadas con ilustración e humor son as que nos reciben no hall, son ilustracións orixinais que o artista fixo nos anos 60, 70 e 80 para as publicacións La Codorniz, Don Pedro e Cambio 16. Tamén aquí se atopan viñetas, debuxos e revistas. No corredor, fotocopias de ilustracións, debuxos e viñetas, colocadas de forma aleatoria, en clara alusión á recorrente obsesión do artista polas fotocopias no seu proceso creativo. Na primeira sala sitúanse as seccións Retrato, O Prado, e Bodegón. Na segunda sala sitúanse as seccións O Taller, aproximación máis persoal ao «estudo do artista» co seu  cabalete, as súas ferramentas e elementos persoais, referentes á súa etapa como deportista, fotos, bosquexos, papeis ; A Creación, lenzos nos que Abelenda reflexiona sobre o proceso creativo en forma de homenaxes a Lugrís, Cunqueiro, ou Paco de Lucía, así coma obras dedicadas á poesía, á alquimia ou a frágua;  Eros, serie de pezas representativas da súa etapa de pintura  matérica; Tauromaquia e Paisaxe, obras maiores en que se suceden as recorrentes mariñas, dársenas, en alusión á súa frecuente vista da cidade herculina, que se encadra na memoria infantil e na identidade do seu creador.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2021 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089