Novos encontros online en AfundaciónTV para toda a comunidade educativa! Neste primeiro trimestre do curso aproximámonos ao coñecemento das emocións, a ciberseguridade e a prevención do acoso escolar, tres temas de gran relevancia que, coma sempre, tratamos a través de diferentes profesionais que achegan as últimas claves e teorías no eido da Educación.
9 NOV | EDUCACIÓN EMOCIONAL con UMAR OUSMAN | 12.00 h
Saíu de Ghana con 13 anos. Cruzou andando o Sáhara, sobreviviu a dúas viaxes en patera, e aos 17 chegou a España sen saberse defender en ningún dos idiomas do país. Agora, Ousman Umar ten dúas carreiras, un mestrado, fotos co Papa e unha ONG premiada pola ONU. Cóntanos a súa epopea nun libro de memorias, Viaje al país de los blancos.
22 e 23 NOV | CIBERSEGURIDADE con BERNARDO VIQUEIRA | 10.00 h
Enxeñeiro de Telecomunicacións con diversos mestrados e certificacións na área da Ciberseguridade, para Viqueira o mundo do hacking é a súa paixón. Ten reportado fallos de seguridade a empresas coma Deezer, Starbucks e Yahoo; colaborado con organismos gobernamentais; e participado en varios programas de televisión e radio.
16 DEC | PEDRA, PAPEL, TESOIRAS con RAQUEL LINARES e RITA ANTÓN | 11.00 h
Charla e guía didáctica para a prevención do acoso escolar en adolescentes.
Raquel Linares Bertolín é psicóloga clínica, psicoterapeuta integrativa certificada, analista transaccional integrativa, EMDR, e especialista no tratamento e prevención dos trastornos da conduta alimentaria e saúde mental de inicio na etapa adolescente; Rita Antón, psicóloga clínica especialista en trastornos da conduta. Ambas son coautoras do libro Piedra, Papel, Tijera.
Información e reservas no 981 552 577 ou en areaeducativa@afundacion.org