A Sede Afundación da Coruña acolle o 12 de decembro Rubicundo, de Teatro dos Ghazafelhos, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Teatro de actor en galego que nos convida a perseguir os nosos soños, dirixido a escolares de 3º e 4º de primaria.
Actividade destinada exclusivamente á comunidade escolar.
Todas as noites Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara neste personaxe con gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás a curiosa e soñadora Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio.
Unha historia sobre a amizade, a constancia e a poesía que nos anima a perseguir os nosos soños sen límites nin distancias. Unha posta en escena chea de sorpresas que pasan pola música, os monicreques, a acrobacia e o claqué, entre outros.
Adaptación do libro de Rubicundo de María Canosa, editado por Xerais e finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
Como reservar:
• Prazo de reservas ata o 1 de outubro de 2017
• Solicitude a través do formulario de peticións da web escolares.afundacion.org
• Solicitude dun máximo de 150 escolares por centro e actividade (agás A Coruña e Ferrol, cun máximo de 100).
• Achega de 2 €, agás Cinema Submarino e Programa de Educación Financeira de ABANCA, gratuítos. Ingresar no número de conta: 2080 5000 61 3040323643 ES 91. Ao efectuar o pagamento, cómpre indicar o código de ingreso que se comunicará ao confirmar a actividade. Prazo de unha semana antes do comezo da actividade para efectuar o pagamento.
• Comunicación por correo-e das actividades asignadas, que deberán ser confirmadas polo propio centro a través da web.
• Guías didácticas dispoñibles na web.
Infórmate polo miúdo no 986 120 089 e 986 120 078 ou en escolares.afundacion.org