• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. OURENSE

Artes Plásticas y visuales
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
Exposición: A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego. OURENSE
  • ONDE:

    Sala de exposicións Afundación Ourense

    Praza Maior, 4. Ourense (Ourense)

  • Datas:

    9 FEB A 1 MAI 2022

  • Horario:

    LUNS A VENRES 17.30 a 20.30 h

    SÁBADOS, DOMINGOS E FESTIVOS 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

  • Entrada

    Gratuita

Novo proxecto expositivo interdisciplinar que reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego, a súa iconografía, a súa presenza na cultura contemporánea e a sostibilidade do medio. Da man de Aser Álvarez, director, guionista e produtor galego, «A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego», conxuga máis de 50 fotografías, máis de 40 minutos de pezas audiovisuais, fragmentos poéticos e música nun proxecto pensado como instrumento para fomentar o debate contemporáneo e a revisión dunha realidade esencial para a conformación da identidade en Galicia.

 

NOVA VISITA GUIADA! con ASER ÁLVAREZ e MOISÉS QUINTAS | 6 ABR | 19.00 h 

Prazas limitadas!

Inscríbete AQUÍ

[Accede a cambio de alimentos non perecedoiros para contribuír cos bancos de alimentos locais. #CulturaporAlimentos]

O músico Moisés Quintas, creador da banda sonora da exposición, acompaña a visita interpretando fragmentos de diversas pezas tradicionais a través de frautas primitivas que foron usadas nas aldeas galegas ao longo dos séculos.

 

ASER ÁLVAREZ | comisario

 

Tamén podes acceder á VISITA VIRTUAL clicando no botón da esquerda.

 

A EXPOSICIÓN
Conta con valiosos fondos documentais fotográficos e cinematográficos sobre o rural galego desde 1930 ata finais do século XX: a colección de Jaume Lloveras e Juan Piñeiro Andión (1978-1986), o arquivo do fotógrafo lugués Carlos Valcárcel e os Fondos Fotográficos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Cada un deles achega unha perspectiva diferente sobre unha mesma realidade, e é esta diversidade de perspectivas a que favorece unha precisa análise sobre as representacións do rural, aquelas que foron constituíndo, tamén lentamente, o imaxinario colectivo.

Algúns dos poetas gañadores do Premio de Poesía Afundación, como Olalla Cociña, Miguel Sande, Gonzalo Hermo, Oriana Méndez e, como novidade, a galardoada na última edición Medos Romero, tamén amosan na mostra varios versos co obxectivo de reflexionar sobre a presenza da natureza na cultura contemporánea.

E a nivel musical, Moisés Quintas crea a banda sonora da mostra, recreando o chiar dos carros, o ouvear dos lobos, o xirar das rodas de muíño ou o cravuñar das gadañas. El é un estudoso dos alalás, canto popular galego lento e executado nunha serie de notas sobre unha soa sílaba, formando un adorno, que remata frecuentemente con ‘ailalala, ailalala’ ou semellante.

Quintas inspírase especialmente na obra fotográfica de Carlos Valcárcel. 

Eu son un namorado dos alalás. Comecei a tocalos con distintos instrumentos que imitan a natureza, o vento, os paxaros, o son do carro… Instrumentos que nacen da mesma terra, de barro, de cana, de óso ou corno… As frautas que interpreto reflicten a evolución deste instrumento, tocándose en Galicia en distintos momentos e contextos ao longo da historia, desde frautas pastoriles feitas polos propios pastores en cana, óso ou corno ata outras máis elaboradas talladas en madeira ou metal e fabricadas por artesáns cunha finalidade máis profesional, para seren empregadas en grupos de música tradicionais ou bandas populares.

Velaquí as distintas frautas que toca Moisés Quintas na banda sonora: frauta de óso de cabrito, frauta de corno de cabra “Caramela”, frauta de barro cocido “Ocarina”, de bico de cana “Pitos Galegos” e frautas traveseiras de cana, de madeira “Requinta” e de metal.

Con esta iniciativa, Galicia convértese na primeira comunidade de España en abordar unha exposición monográfica cos fondos catalogados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

Esta exposición desenvólvese nunha conxuntura en que a preocupación pola conciliación persoal, a convivencia co medio natural e a análise dos nosos ritmos vitais está a experimentar unha reflexión intensa a consecuencia da pandemia. A teor deste contexto, o traslado ao rural ou a núcleos de poboación máis reducidos preséntase como un garante de calidade de vida. O que noutrora fora deostado como antítese do progreso, contémplase agora como posible solución dos desequilibrios de demografía territorial.

 

  • VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESCOLARES 

    Visita conto | INFANTIL A 3º PRIMARIA | O burro Perico que non pecha o bico

    Visita creativa | 4º PRIMARIA A 2º ESO | Apagón tecnolóxico, só apto para valentes

    Visita comentada | 3º ESO A BACHARELATO E CF | A VIDA LENTA. Memorias e ritmos do rural galego

    1 € ESCOLAR
    Información e reservas no 988 391 746 ou en areaeducativaourense@afundacion.org

    MÁIS INFO
 
  • OLLAR EN BREVE
    Testemuñas audiovisuais de A VIDA LENTA
    Recursos concibidos e aloxados en Afundación TV

    Esta serie de testemuñas audiovisuais ilustran a diversidade e potencia creativa e cultural do rural. O rural acostuma asociarse unidireccionalmente cos valores da tradición, do esforzo e da cultura popular folclórica. A forza desta proposta reside en aprendermos que o rural tamén significa inspiración contemporánea, compromiso, vangarda e rebulideiro de creatividade.

    Elena Ferro - zoqueira
    Iria Ribadomar (Deica Creacións) - ilustradora e deseñadora 
    Javier Olleros (Culler de Pau) - cociñeiro 2 estrelas Michelín 
    Luís Davila (O Bichero) - artista gráfico e humorista gráfico
    Ana Corredoira (Granxa A Cernada) - gandeira e bióloga
    Davide Salvado - músico tradicional e activista rural

    Podes ver todas as testemuñas AQUÍ! 
 
  • FALADOIROS VIRTUAIS en Afundación TV 
    Varias entrevistas guiadas polo comisario Aser Álvarez co cineasta galego ÓLIVER LAXE, a emprendedora XOANA ALMAR e a Premio Nacional de Poesía 2020 OLGA NOVO.
    Podes ver AQUÍ OS VÍDEOS
 

Esta exposición enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando veñas ver a exposición.

AQUÍ máis información.

 

PUBLICACIÓNS Á VENDA relacionadas coa temática desta exposición:

ANACOS DO RURAL: Unha revisión documental do pasado recente da Galicia rural, libro + 2 DVD | MERCAR

GALICIA RURAL: Un debate contemporáneo sobre o rural de Galicia,  libro + DVD | MERCAR

FILLOS DA TERRA de Juan Rodríguez | MERCAR

VIRXILIO VIÉITEZ: ÁLBUM de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal | MERCAR

RAMÓN CAAMAÑO: RETRATOS DA COSTA DA MORTE de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal | MERCAR

 

MEDIDAS COVID #CulturaSegura
 
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.

- Asistencia obrigada con máscara

- Control da capacidade

- Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público

- Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas

- Desinfección rigorosa de espazos

- Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico

- Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade

 

A vida lenta. Charla da axente de economía doméstica da Sección Femenina
Vilamelle (Lugo) 1961
Autor: Orestes Pérez. Fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
A vida lenta. Charla da axente de economía doméstica da Sección Femenina Vilamelle (Lugo) 1961 Autor: Orestes Pérez. Fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Mulleres segando centeo en Barro, Pontevedra, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Mulleres segando centeo en Barro, Pontevedra, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Seitura á man, Negueira de Muñiz, Lugo, 1980. Colección Jaume Joveras e Juan Piñeiro Andión
Nenos nunha casa labrega
(Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Nenos nunha casa labrega (Lugo) 1969. Colección persoal Carlos Valcárcel
Lavandeiras no río Miño
(Lugo) 1960. Colección persoal Carlos Valcárcel
Lavandeiras no río Miño (Lugo) 1960. Colección persoal Carlos Valcárcel
Moza nun cuarto nunha casa labrega
(Lugo) 1968. Colección persoal Carlos Valcárcel
Moza nun cuarto nunha casa labrega (Lugo) 1968. Colección persoal Carlos Valcárcel
Actividades paralelas A VIDA LENTA Pontevedra. Mindfulness
Actividades paralelas A VIDA LENTA Pontevedra. Mindfulness
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089