• Español
  • Acceso centros
  • Proxectos
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Oferta educativa
  • Axenda
  • Afundaciontv
  • Educación s.XXI
Inicio Área educativa Axenda
Axenda
Busca por...

Proxecto

Cidade

Entrada

Modalidade

Teatro para escolares: Gaia

Artes Escénicas, danza y música
Compartir:
  • ico-twitterCreated with Sketch. En twitter
  • ico-facebookCreated with Sketch. En facebook
{evento-titulo_ga}
  • ONDE:

    Sede Afundación Pontevedra

    Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)

O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente... Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. Gaia perténcenos a tod@s. Podemos debuxar xunt@s un mañá feliz e un mundo a toda cor. Espectáculo de danza que nos trae desta volta a nova programación para escolares Afundación Obra Social ABANCA 2019-2020. 

 

Estas actividades son só para escolares.

 

CALENDARIO

Santiago 7 nov. | A Coruña 20 nov. | Ferrol 8 nov. | Lugo 22 nov. | Ourense 27 nov. | Pontevedra 4 a 6 nov. | Vigo 13 a 19 nov.

 

Cía. Entremáns
Galego | 60 minutos
3º e 4º de Educación Primaria

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa. Unha historia en movemento en que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. A importancia da interacción entre as persoas e a natureza será a clave desta obra. Ao final da mesma, haberá unha pequena charla coa rapazada.

 

Dirección: Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez | Guión e dirección de escena: Kirenia C. Martínez Acosta | Coreografía e interpretación: Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez | Voz en off: Ramiro Neira e Estefanía Gómez | Espazo sonoro: Carla López e Iago Mouriño | Aderezo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía Entremans | Deseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego) | Animación/vídeo: Ziwa | Arte-Imaxe: Gosia Trebacz | Vestiario: Santos Salgado e Compañía Entremans | Asesoramento lingüístico: Beatriz Corral | Asesoramento medioambiental: Noel Miguélez | Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural

 

VÍDEO 

 

ARTES ESCÉNICAS para escolares


A programación educativa de Afundación busca establecer valores na aprendizaxe, favorecendo o pleno desenvolvemento na transición cara á
idade adulta. Concretamente, esta obra trata o respecto á natureza, afondando na importancia de reducir, reutilizar e reciclar; a convivencia ou a necesidade da interacción entre as persoas e o medio ambiente.

Descubrir toda a maxia do teatro, a emoción dun concerto ou a beleza da danza son só algunhas das sorpresas que se agochan entre os pregos dun pano que Afundación Obra Social ABANCA levanta para os públicos máis novos. As artes escénicas son unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación do alumnado, posibilitar o diálogo e a reflexión, desenvolver habilidades sociais e xerar coñecemento. Ademais, complementan a súa formación académica, aprendendo normas de convivencia concretas en espazos comúns e compartindo con outras nenas e nenos experiencias novas e diferentes ás que se realizan na aula. Valores coma a tolerancia, a amizade, a xenerosidade, a perseveranza ou o esforzo transmítense dun modo próximo e natural neste tipo de contextos. O obxectivo é que as máis novas e novos se divirtan e aprendan compartindo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2021 © Fundación Galicia Obra Social
  • Área Educativa

    areaeducativa@afundacion.org
    986 120 089