Este outono chega a nova programación para escolares con Afundación a diferentes puntos da xeografía galega. A partir do mes de outubro, o cartel de Artes Escénicas así coma o programa de Educación Financeira, traen De los cuentos a las cuentas, dirixida a 4º, 5º e 6º de primaria. Unha obra que pretende trasladar @s nen@s como as súas accións poden contribuír na mellora da economía familiar. A obra recibiu en 2017 o Premio de Actualidade Económica e CECA.
Esta programación está dirixida exclusivamente a centros escolares.
Teatro de actor
Zarándula S. C.
Castelán / 60 min
5º e 6º de primaria
María, a nosa protagonista, faranos viaxar a moitos lugares, sen movernos da nosa butaca nin da súa habitación. Vivirá entre dous mundos, acompañada do seu pai, un home serio e práctico; e do seu tío, un viaxeiro aventureiro, loitador e soñador. Nesta viaxe entre eses dous mundos, María entenderá que ás veces os contos e os soños se poden facer realidade, só é necesario ter valor e esforzarse por conseguilo.
CALENDARIO
Vigo. Teatro Afundación. 22 e 26 de outubro // Lalín. Salón de Actos Lalín. 26 de outubro // Pontevedra. Sede Afundación. 29 e 30 de outubro // Ourense. Auditorio Municipal. 31 de outubro // Monforte: Auditorio Multiusos. 2 de novembro // Lugo. Auditorio Municipal Gustavo Freire. 5 de novembro // Santiago. Auditorio ABANCA. 6 de novembro // Vilagarcía de Arousa. 7 de novembro // A Coruña. Sede Afundación. 8 de novembro // Ferrol. Sede Afundación. 9 de novembro // Localidade pendente. 11 de novembro
NORMAS PARA INSCRIBIRSE
• A solicitude farase a través do formulario de peticións na web: www.escolares.afundacion.org
• Prazo de reservas ata o 30 de setembro.
• Solicitarase praza para un máximo de 150 escolares por centro e actividade (100 para
A Coruña e Ferrol por cuestión de capacidade dos edificios.)
• Prezo: 2 € / escolar. [Cinema Submarino e Educación Financeira son actividades
GRATUÍTAS]. O importe total ingresarase no número de conta ES 91 2080 5000 61
3040323643, indicando o código de ingreso, que comunicaremos previamente desde
Afundación canda a asignación de actividades. O prazo límite para o pagamento é de
1 semana antes de comezar a actividade.
• Desde Afundación enviarase correo-e ao centro para informar da asignación de actividades.
Así mesmo, cada centro deberá confirmar esta asignación a través da web.
• Hai guías didácticas dispoñibles para consultar e descargar na web.
Para máis información, 986 120 089 e 986 120 078 ou en www.escolares.afundacion.org