O Auditorio Municipal de Ourense acolle o 4 e 5 de decembro Circopeta, de Odaiko Percussion Group, dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Música, clown e gags teatrais en galego para escolares de 1º e 2º de primaria.
Actividade destinada exclusivamente á comunidade escolar.
Instrumentos da vida cotiá (os mal chamados instrumentos pobres), sonoros tambores de plástico reciclados, ritmos conxuntos con coreografías motóricas, melodías de instrumentos de láminas e unha interacción poderosa coa audiencia farán deste peculiar circo un medio de expresión afastado da abafante tecnoloxía e próximo ás inquedanzas dos máis pequenos. Música, clown e gags teatrais de catro músicos do rural galego que farán as delicias do público máis esixente.
Como reservar:
• Prazo de reservas ata o 1 de outubro de 2017
• Solicitude a través do formulario de peticións da web escolares.afundacion.org
• Solicitude dun máximo de 150 escolares por centro e actividade (agás A Coruña e Ferrol, cun máximo de 100).
• Achega de 2 €, agás Cinema Submarino e Programa de Educación Financeira de ABANCA, gratuítos. Ingresar no número de conta: 2080 5000 61 3040323643 ES 91. Ao efectuar o pagamento, cómpre indicar o código de ingreso que se comunicará ao confirmar a actividade. Prazo de unha semana antes do comezo da actividade para efectuar o pagamento.
• Comunicación por correo-e das actividades asignadas, que deberán ser confirmadas polo propio centro a través da web.
• Guías didácticas dispoñibles na web.
Infórmate polo miúdo no 986 120 089 e 986 120 078 ou en escolares.afundacion.org