O Teatro Afundación de Vigo acolle do 22 ao 24 de novembro «Cinema submarino: SyngDOC. El desconocido mundo de los signátidos», organizado por Universidade de Vigo dentro da programación de Actividades para escolares 2017/2018 de Afundación. Cinema documental en galego sobre o mundo dos singnátidos dirixido a escolares de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO.
Actividade destinada exclusivamente á comunidade escolar.
Os singnátidos, que inclúen os cabaliños de mar, os peixes pipa ou os dragóns de mar, constitúen unha fascinante familia animal. Este documental somerxe o espectador nun mundo asombroso en que descubrirá uns peixes cunha bioloxía descoñecida e sorprendente, cuxa evolución no tempo lles permitiu adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir unhas características únicas no reino animal.
Dirección: Pablo Garrido Villaverde. Realización: Inxenia Audiovisual. Imaxe submarina: Manuel E. García Blanco e Felipe Escolano Gutiérrez. Guión: María Rey Rodríguez e Miquel Planas Oliver. Música orixinal: Gimnazija Kranj Symphony Orchestra
Como reservar:
• Prazo de reservas ata o 1 de outubro de 2017
• Solicitude a través do formulario de peticións da web escolares.afundacion.org
• Solicitude dun máximo de 150 escolares por centro e actividade (agás A Coruña e Ferrol, cun máximo de 100).
• Achega de 2 €, agás Cinema Submarino e Programa de Educación Financeira de ABANCA, gratuítos. Ingresar no número de conta: 2080 5000 61 3040323643 ES 91. Ao efectuar o pagamento, cómpre indicar o código de ingreso que se comunicará ao confirmar a actividade. Prazo de unha semana antes do comezo da actividade para efectuar o pagamento.
• Comunicación por correo-e das actividades asignadas, que deberán ser confirmadas polo propio centro a través da web.
• Guías didácticas dispoñibles na web.
Infórmate polo miúdo no 986 120 089 e 986 120 078 ou en escolares.afundacion.org