• +60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas

    +60 online: Ciclo de apreciación musical. Historia da música clásica con audicións comentadas

    Se che gusta a música, neste ciclo aprenderás a gozar da escoita dalgunhas das obras máis significativas da historia da música, destacando os aspectos máis importantes para unha maior comprensión, contextualizándoas historicamente coa estética do momento e cos aspectos biográficos dos seus autores que influíron na composición.
    • ONDE:

      Google Classroom +60
    • Datas:

      Do 18 de xaneiro ao 29 de marzo de 2022 

    • Horario:

      Martes, de 17.00 a 19.00 horas

  • +60 online: Exprésate a través da fotografía dixital

    +60 online: Exprésate a través da fotografía dixital

    Se queres mellorar as fotografías que tiras co móbil ou coa réflex e aprenderes a narrar historias, neste curso empregarás as técnicas da composición, o encadre, a iluminación e algunhas das técnicas dos principais fotógrafos da historia. Se xa participaches na anterior edición deste curso, continuaremos ampliando coñecementos sobre a fotografía, procesado e edición.
    • ONDE:

      Google Classroom +60
    • Datas:

      Do 18 de xaneiro ao 5 de abril de 2022

    • Horario:

      Martes, de 11.00 a 12.00 horas

  • +60 online: Ciclo de Historia da Arte:

    +60 online: Ciclo de Historia da Arte: "... e eles xúntanse. Modelos de producción e colaboración artística"

    Ao longo destas oito sesións descubriremos diferentes modelos de arte colaborativo que se manifestaron en disciplinas como a escultura, a pintura ou a imaxinería. Desde a producción nos talleres familiares (Vivarini, Cranach) a sistemas máis interdisciplinares como os estudios de Warhol ou Murakami. Trátase dunha excusa maravillosa para falar de relacións entre artistas, do seu contexto e por suposto, da súa obra.
    • ONDE:

      Google Classroom +60
    • Datas:

      Do 19 de xaneiro ao 9 de marzo de 2022

    • Horario:

      Mércores, de 18.00 a 19.00 horas