XUÑO, Mes do Medio Ambiente en Afundación
Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño, e o Día Mundial dos Océanos, o día 8, desde Afundación, Obra Social ABANCA, temos unha serie de actividades planificadas durante todo o mes para que participes delas.
Este ano o reino de Arabia Saudita é o país anfitrión do Día Mundial do Medio ambiente 2024 que se centra na restauración das terras, a resiliencia á sequía e a desertificación, baixo o lema "As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración". Pola súa banda, o Día Mundial dos Océanos 2024 acolle como tema "Espertar novas profundidades” nun ano, o 2024, enmarcado no Decenio de Ciencias Oceánicas da ONU.
O planeta é un espazo único e cheo de vida que debemos axudar a preservar cuns hábitos de vida máis sostibles e conscientes, por iso durante todo o ano, e tamén no mes de xuño, abogamos por exposicións, cursos para nenas e nenos, accións de voluntariado, etc. que reivindiquen a conciencia en favor do medio. A seguir, tes todas as nosas propostas coas que ademais de colaborar e afondar no coñecemento da natureza, os seus recursos e tamén as problemáticas que encerra a día de hoxe, poderás divertirte só, soa ou en familia para que a experiencia sexa completa.
Desde Afundación dámosche as grazas por participares deste tipo de iniciativas que queren axudar na activación dunha sociedade crítica e consciente pola natureza.
AXENDA XUÑO 2024 | MEDIO AMBIENTE
Actividades infantís
NATURNOVA. Centro Interactivo de Educación Ambiental | VIGO
Coñece curiosidades do Universo, o noso planeta e o medio que nos rodea de forma lúdica, dinámica e participativa.
- 8 XUÑ 2024 | Xornada de portas abertas
- 7 e 14 XUÑ, 4 e 11 XUL 2024 | Obradoiro de bolboretas, insectos e arácnidos
- XUÑ | Diferentes didácticas con grupos escolares | Entra aquí!
Exposicións nas nosas sedes
Os nosos edificios son auténticos contedores de cultura, entra en calquera deles, nas sete principais cidades galegas, e apunta opcións para completares a túa axenda de actividades.
- Comedy Wildlife | FERROL | Entra aquí!
Exposicións Corrente Cultural
Con este programa, en colaboración cos diferentes concellos galegos e ABANCA, levamos diversas mostras de ilustración, fotografía e outros formatos por todos os espazos galegos. Infórmate, seguro que no teu concello vai haber algunha... Entra aquí!
- Auga, o sangue da terra | CELANOVA | 7 XUÑ a 7 XUL 2024
- Auga, o sangue da terra | BOQUEIXÓN | 3 MAI a 3 XUÑ 2024
- Fauna esencial | CUNTIS | 19 XUÑ a 16 XUL 2024
Exposición na rúa
Chega o tempo de calor e a cultura sae ás rúas da túa cidade ou vila!
- Emocións en perigo | OURENSE | 29 MAI a 30 XUÑ 2024
Accións medioambientais
PLANCTON. Plan de conservación territorial
Este programa busca fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas no mar, especialmente na área de influencia das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de ámbito mariño de Galicia, Rede Natura 2000, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais, especialmente no pesqueiro.
- Día Internacional do medioambiente | Entra aquí
- Festival Mar de Mares | Entra aquí