Xornadas «Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil». Santiago de Compostela
XORNADAS Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil
Centro Ramón Piñeiro | 21 NOV. | 16.30 a 21.00 h (Rúa San Roque, 2, 15704, Santiago de Compostela)
Estas xornadas ofrécense para dar visibilidade á Literatura Infantil e Xuvenil, fundamental na formación do profesorado de Educación Infantil e Primaria. A temática elixida é a do camiño, entendido este cunha visión ampla que recolle as viaxes, a deriva interior iniciática, os camiños de peregrinación, etc. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos plans de estudo dos graos, a pesar da súa transcendencia en ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión lectora e escrita.
Convocan:
Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación. Grupo de Investigación LITER21.
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Directoras:
Carmen Franco Vázquez, Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig Rechou
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela/ Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Coordinación e Secretaría:
Carmen Ferreira Boo
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Cristina Trigo Martínez
Universidade de Santiago de Compostela/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Carga docente: 12 horas
Requisitos de acceso: Estudantes de Maxisterio. Mestres e profesorado de secundaria e bacharelato. Calquera interesado no tema.
Matrícula: ata o 20 de novembro de 2019!
Número de prazas: 50
Consulta o programa e a información restante no PDF de embaixo!