Nova Tempada de Abonos CLÁSICA Afundación 2024, en Vigo
Chega outra volta a TEMPADA DE ABONOS CLÁSICA AFUNDACIÓN 2024 ao Teatro Afundación Vigo. Reserva con anticipación as entradas para os grandes concertos de clásica, dirixidos polas mellores batutas e con intérpretes e solistas en destaque no territorio internacional. Non perdas a oportunidade de te faceres con elas con importantes descontos.
As persoas abonadas da última tempada, poden renovar o seu abono reservando as mesmas cadeiras, os días 13 e 14 de decembro de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h, na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Marqués de Valladares, s/n).
Venda dos abonos en xeral, do 15 ao 31 de decembro en Ataquilla.com
Venda de entradas soltas, a partir do 2 de xaneiro, en Ataquilla.com e na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26).
Infórmate no 986 120 078
CONCERTOS
xoves 11 XAN | R.F.G
venres 26 XAN | R.F.G
venres 23 FEB | R.F.G
xoves 7 MAR | R.F.G
mércores 17 ABR | R.F.G
xoves 2 MAI | Coro Fundación Princesa de Asturias
xoves 23 MAI | R.F.G
xoves 30 MAI | O.S.G
CULTURA POR ALIMENTOS
Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. A Tempada de Abonos Clásica Afundación 2024 forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado, cando asistas.
A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí polo miúdo
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos
DESCONTOS
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.*
* Gastos de xestión á parte
Outras bonificacións e descontos xerais:
• Persoas mozas: carné xove
• Persoas maiores de 65: carné de xubilación
• Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.
A programación poderá estar suxeita a cambios.
A duración dos concertos é aproximada.