• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Congreso Internacional de Animación MUNDOS DIXITAIS 2023 na Coruña

Cultura Outras Xeral
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Congreso Internacional de Animación MUNDOS DIXITAIS 2023 na Coruña
  • 06-07-2023 08-07-2023 Congreso Internacional de Animación MUNDOS DIXITAIS 2023 na Coruña Descubre novos encontros, master class, proxeccións e moito máis nesta edición 2023 Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • Datas:

    6 a 8 XUL 2023

  • Modalidade:

    Presencial

O Congreso Internacional de Animación, Efectos visuais e Novos Media MUNDOS DIXITAIS dá comezo un ano máis na Coruña, reunindo o máis granado do sector con numerosos encontros, proxeccións, entrevistas, master class, relatorios, competición de curtametraxes, Premio Especial á traxectoria e achegas ao mundo da creación dixital. Todo un acontecemento para as e os profesionais do eido, así como para amantes da animación. 

Entra na páxina web e infórmate: www.mundosdigitales.org

 

A Sede Afundación A Coruña acolle as seguintes actividades:

xoves 6 XUL

  • «Artificial Inspiration» | Apúntate de balde aquí

Xornada sobre intelixencia artificial ao servizo do deseño visual a cargo de Alba Meijide, licenciada en IA pola University of Manchester e mestrado en Enxeñería da IA, quen falará sobre a IA xenerativa e o seu impacto nos sectores máis creativos.

  • «Publicidade e deseño visual» 

Proxección en exclusiva de Visual Boutique na que se poderán ver premiados proxectos de marcas como Loewe, Adidas ou Porche feitos por recoñecidos estudos.

venres 7 XUL | «Benvidos á 4ª revolución» | Apúntate de balde aquí
En colaboración coa Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), conferencia ofrecida polo prestixioso divulgador Carlos Santana. Falará sobre como a intelixencia artificial xa se converteu nunha das tecnoloxías máis revolucionarias dos últimos anos pola súa capacidade de poder transformalo todo: a ciencia, a medicina, a economía, a sociedade... Analizará onde xorde esta revolución e cara a onde nos levará nos vindeiros anos.

Carlos Santana é divulgador, youtuber e profesor no campo da IA e o machine learning. É o creador da canle de YouTube Dot CSV, que conta con máis de 750.000 subscritores e está especializada no campo da IA, e dá clase de Machine Learning and Data Sciencie na Escola de Organización Industrial.

OBSERBAPTORIO IA

Realizado pola axencia creativa e dixital BAP&Conde en colaboración con Mundos Dixitais.

sábado 8 XUL | «Visual Boutique. Cinemáticas de videoxogos» | Apúntate de balde aquí

Percorrido por algunhas das máis destacadas cinemáticas dos xogos e compañías máis importantes do panorama internacional como Blizzar ou Platige.

luns 10 XUL | Proxección dos proxectos finalistas ao Festival Internacional de Curtametraxes de Animación de Mundos Digitales | Apúntate de balde aquí

 

Estas actividades forman parte da iniciativa solidaria de Afundación «Cultura por alimentos» polo que, para acceder, é preciso entregar na entrada alimentos non perecedoiros que serán entregados ao Banco de Alimentos local.

Máis información aquí

 

SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA

Artificial Inspiration | xoves 6 XUL | 19:30 h

PÚBLICO: persoas adultas, con interese en Intelixencia Artificial, arte dixital, publicidade, deseño visual, innovación e novas tecnoloxías.

Esta xornada, centrada na intelixencia artificial ao servizo do deseño visual, comezará cunha presentación por parte de Alba Meijide, IA Consultant e experta en Computer Vision, que explorará o fascinante campo da IA Xenerativa e o seu impacto nos sectores máis creativos. Acompáñanos nesta oportunidade para reflexionar, debater e descubrir como podemos navegar e aproveitar ao máximo esta nova era tecnolóxica en beneficio da nosa creatividade.

Completa esta xornada, a proxección en exclusiva para Mundos Dixitais Visual Boutique “Publicidade e Deseño Visual”. Para todos os amantes da publicidade e o deseño visual, Mundos Dixitais, en colaboración con Stash Media, ofrece unha proxección en exclusiva que fará un percorrido por algunhas das máis anovadoras pezas deste sector do panorama de creación internacional.

Nesta proxección poderemos gozar de grandes proxectos elaborados por unha selección de estudios premiados internacionalmente e cunha traxectoria máis que recoñecida na industria da animación e os efectos visuais. Proxectos de Loewe, Adidas, Porsche ou ESPN, entre outros moitos, e así ata 40 pezas, compoñen esta singular proxección.

 

Benvidos á 4ª Revolución | venres 7 XUL | 19:30 h

PÚBLICO: persoas adultas, con interese en Intelixencia Artificial, arte dixital, innovación e novas tecnoloxías.

Nesta presentación, o prestixioso divulgador Carlos Santana (Dot CSV), falará sobre como a intelixencia artificial se converteu nunha das tecnoloxías máis revolucionarias dos últimos anos. Por qué? Pola súa capacidade de poder transformalo todo: ciencia, medicina, economía, sociedade, educación, etc. Unha baga de cambios positivos e negativos configura o que xa se denomina a 4ª Revolución Industrial.

Visión por ordenador, IA´s xenerativas, chatbots e procesamento da linguaxe natural... Analizaremos de onde xorde esta nova revolución e, o que é máis interesante, cara a onde nos vai levar nos próximos anos. Queres coñecer o futuro da Intelixencia Artificial?

Nesta xornada, tamén se presentará o OBSERBAPTORIO IA realizado pola axencia creativa e dixital BAP&Conde, en colaboración con Mundos Dixitais. Un observatorio social e cultural para curiosos do futuro e do presente, en que se presentarán os resultados obtidos do estudo realizado á sociedade non experta (e expertos da materia) sobre o impacto da intelixencia artificial na actualidade.

 

Mundos Visual Boutique. Cinemáticas de Videoxogos | sábado 8 XUL | 19:30 h

PÚBLICO: maiores de idade, con interese en videoxogos, cinemáticas e produción audiovisual.

Se che apaixonan os videoxogos, Mundos Dixitais, en colaboración con Stash Media, ofrece unha proxección en exclusiva que fará un percorrido por algunhas das máis destacadas cinemáticas dos xogos e compañías máis importantes do panorama internacional. Compañías como Blizzar, Platige Image, Digic Pictures ou Axis Studios, desenvolven algunhas das cinemáticas máis espectaculares do mundo dos videoxogos, en proxectos como The Witcher, League of Legends, Battlefield ou Star Wars Jedi entre outros moitos. Goza a toda pantalla destas xoias dos videoxogos nunha proxección única para Mundos Dixitais.

 

Finalistas Festival Internacional de Animación Mundos Dixitais | 10 XUL | 19:30 h

PÚBLICO: xeral interesado no mundo da animación e as curtametraxes.

Esta proxección amosa os proxectos finalistas ao Festival Internacional de Curtametraxes de Animación de Mundos Dixitais. Estas xoias da animación, competirán por levarse os distintos galardóns do festival e no que poderemos ver algúns dos mellores proxectos nacionais e internacionais. Optan a mellor curtametraxe nacional de animación: “Amarradas” de Carmen Córdoba, “Amanece la noche más larga” de Lorena Ares e Carlos F. de Vigo, “Zoombie Meteor” de Alfonso Fulgencio e Jose Luís Farias e “Humburg Manor” de Juan Carlos Mostaza. No apartado de mellor curtametraxe de animación, os finalistas son: “Canary” de Rodeo FX, “The Draft” de ESMA, “Heroes of Bronze” de Marin Klekner e “Tribes” de NEW3DGE.

 

Para máis información, entra na páxina web www.mundosdigitales.org

 

 

Mundos Digitales 2023
Mundos Digitales 2023
Mundos Digitales 2023
Mundos Digitales 2023
Mundos Digitales 2023
Mundos Digitales 2023
Mundos Digitales 2023
Mundos Digitales 2023
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078