CULTURA POR ALIMENTOS coas persoas damnificadas a causa da DANA
Desde Afundación, Obra Social ABANCA, sumámonos ás iniciativas solidarias en favor das persoas damnificadas pola DANA, debido aos graves efectos que esta deixou en numerosas localidades españolas. O noso programa CULTURA POR ALIMENTOS ponse ao servizo da cidadanía para recadar ao longo do tempo que resulte necesario, en función das necesidades, produtos non perecedoiros que irán destinados integramente aos bancos de alimentos locais das zonas afectadas. Achégate a calquera das nosas sedes nas cidades galegas e deposita a túa doazón de alimentos nos contedores habilitados.
Toda axuda é necesaria. Grazas!
Podes ler embaixo a NOTA DE PRENSA completa.